Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións 22-23. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións 22-23. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de noviembre de 2022

SEMANA DO BO TRATO E A DIVERSIDADE 25N AO 2D.

 Esta é unha porta negra cargada de palabras e debuxos negativos,simboliza a violencia, o maltrato, como apuntan os pequenos do cole: "a porta dos insultos" "a porta da maldade".Estanos invitando a pensar como podemos transformala nun espazo libre de violencia.

Ninguén debería ter que cruzar unha porta así e por iso, ao longo da semana nas titorías iremos transformando todos estos mensaxes negativos noutros positivos para conseguir que calquera esté desexando abrir esta porta que nos leva a un mundo mellor.

Iremos amosando este proceso de transformación e animándovos a que fagades o mesmo coas portas que vos atopedes nas vosas vidas.

martes, 15 de noviembre de 2022

OBRADOIRO IGUALDADE E BO TRATO

 Co motivo da conmemoración do día da igualdade e  a semana do bo trato e a diversidade, esta semana  e a próxima recibimos no centro charlas e obradoiros dirixidas ao alumnado de 5º e 6º promocionadas polo Concello de Tomiño a través do grupo Talentea.

O obradoiro " Conecta co bo trato" ten como obxectivos analizar e comprender os estereotipos e roles machistas, interiorizar a práctica do bo trato como ferramenta contra a violencia de xénero e o fomento da igualdade de oportunidades entre nenos e nenas e analizar de forma crítica as representacións culturais de xénero e coñecer alternativas coeducativas.