sábado, 28 de febrero de 2015

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2015-2016


Postos escolares ofertados

CURSO
PRAZAS OFERTADAS
4º Educación Infantil
22 prazas + 3 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
5º Educación Infantil
13 prazas
6º Educación Infantil
15 prazas
1º Educación Primaria
5 prazas + 3 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
2º Educación Primaria
16 prazas
3º Educación Primaria
5 prazas
4º Educación Primaria
23 prazas
5º Educación Primaria
19 prazas
6º Educación Primaria
23 prazas

-       Prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 2-23 de marzo
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

-       Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 25 de marzo ao 7 de abril

-       Publicación  listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril.

-       Publicación  listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.

-       Prazo de formalización de matrícula: 20-30 xuño.

Centros adscritos: C.R.A. de Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro ao que estamos adscritos: I.E.S. de Tomiño
Área de influencia do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)

Servizo complementario: Transporte escolar.

lunes, 23 de febrero de 2015

CARREIRA SOLIDARIA CEIP DE SOBRADA


O CEIP de Sobrada conmemora o Día da Paz cunhas Carreiras Solidarias

No pasado 5 de febreiro o CEIP de Sobrada organizou  unhas Carreiras Solidarias,  en colaboración coa ONG Save the Children,
O lema neste ano era : Corremos xuntos para combater a fame, polos dereitos das crianzas de Malí.
Os  nenos e nenas buscaron patrocinadores que se ofreceron a darlle “x”cartos por voltas a un circuito determinado, unha vez rematada a carreira ensínanlle aos patrocinadores un carné coas voltas dadas.
Na escola recollemos o diñeiro e facémosllo chegar a Save The Children.
Todo este esforzo solidario converterase en suplementos alimenticios e recursos para as familias dos nenos e nenas de Malí ata que cheguen as próximas colleitas,  tamén en vacinas e medicamentos.
Queremos agradecer aos patrocinadores porque grazas a eles recadamos máis de 950€, e, con todo isto,  pretendemos lembrar aos adultos que todas as crianzas do mundo teñen os mesmos dereitos e que a nosa obriga como adultos é facer que se respecten, evitando a fame, a pobreza e a guerra.

XORNADA DE DINAMIZACION CEIP DE TEBRA-CEIP DE SOBRADA

Xa comenzaron as agardadas xornadas de dinamización deportiva entre centros da zona do Baixo Miño!!! Desta vez os primeiros foron os afortunados alumnos de 4º e 6º que xogaron cos compañeiros do CEIP de Tebra. Unha intensa mañá na que houbo oportunidade de gañar e de cando en vez, perder partidos e tamén como non, convivir con outros nenos e nenas.

domingo, 8 de febrero de 2015

CHEGOU O MECO A SOBRADA!

Como cada ano, por estas datas de Entroido, chegou o Meco ao noso colexio e, como non, con esixencias!
 Para o luns día 9 de febreiro mándanos vir cunha prenda que non sexa da nosa talla.
Así que, xa sabedes, a buscar nos armarios algo que poida contentar a este Meco caprichoso!!