sábado, 27 de febrero de 2010

MOREAS DE TULIPÁNS


Aquí tedes a letra da canción interpretada polos nen@s de infantil no festival de entroido. Os tulipáns de Sobrada arremeteron contra a contaminación na procura dun mundo máis limpo.

FUMES, LIXOS E VERQUIDOS
NO NOSO TOMIÑO TEMOS QUE ATURAR
PEDIMOS UN MIÑO LIMPO
E UN AIRE MÁIS PURO SEN CONTAMINAR

SAIAN A VER E VERÁN AOS MENIÑOS
QUE NA BEIRA DO RÍO
NESTAS DATAS VAN DE TULIPÁNS

ALCALDES E CONCELLEIROS,
TAMÉN GOBERNANTES DE SONA MUNDIAL
DEBEN DE TOMAR MEDIDAS POLO MEDIOAMBIENTE
O CLIMA VAI MAL

SAIAN A VER E VERÁN AOS MENIÑOS
QUE NA BEIRA DO RÍO
NESTAS DATAS VAN DE TULIPÁNS

TIREN DE GOMA E CARETA
SAIAN DISFRAZADOS CON ROUPA INFORMAL
VEÑAN CON NÓS DE COMPARSA
A VIDA É MOI CURTA, VIVA O CARNAVAL!

ORELLAS DE ENTROIDO


Aproveitando as festas de Entroido, no taller de cociña infantil fixemos unha das sobremesas típicas desta data: As ORELLAS.
Coma noutras ocasións, deixámosvos a receita para que probedes a facelas:
INGREDIENTES
2 ovos
A Casca dun limón
O zume dun limón
3 culleradas de aceite
3 culleradas de auga
3 culleradas de viño branco
1 cullerada de manteiga
1 cullerada pequena de sal
12 culleradas soperas de fariña
Azucre glass e canela en pó
PREPARACIÓN
Nun bol botamos todos os ingredientes anteriores agás a fariña e o azucre coa canela. Remexemos ben a mestura cun garfo e despois imos botando a fariña pouco a pouco mentres seguimos remexendo ata que se forme unha masa de bastante consistencia como para poder amasala coas mans. Unha vez feita a masa sacámola do bol e seguimos traballándoa coas mans enriba da encimera ou dunha mesa. Dividímola en cachiños, que despois estiraremos co rodete. Unha vez estirados os cachos de masa podemos fritilos en abundante aceite e como toque final mesturamos o azucre coa canela e botámolo enriba das orellas.


jueves, 25 de febrero de 2010

ÁRBORES DE TODO TIPO...

En toda xornada medioambiental que se precie non poden faltar as árbores. O patio do cole convertiuse nun fermoso bosque cheo de PIÑEIROS, CARBALLOS, SOBREIRAS, BIDUEIROS, LOUREIROS, EUCALIPTOS E AMENEIROS e cun orixinal baile, o 3º ciclo lembrounos a importancia de coidar a natureza e as nosas especies arbóreas.

RADIOVOZ 3º CICLO


Nós, os nenos do 3ºciclo fomos a Vigo a Radiovoz a concursar nun concurso de preguntas relacionado co tema tranversal: O Medio Ambiente.

miércoles, 24 de febrero de 2010

RAP DO MEDIO AMBIENTE



Aquí tedes o rap do medio ambiente interpretado polo alumnado do 2º ciclo do cole. Con esta letra tan comprometida pretenden facer unha chamada de atención a todo o mundo para que reflexione sobre os seus actos cara o medio ambiente.

RAP DO MEDIO AMBIENTE

NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR


OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR


QUEREMOS O COSMOS

DE LIXO LIMPAR

DE TANTA CHATARRA

COMO HAI A FLOTAR


NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR


OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR


QUEREMOS AIRE LIMPO

SEN CONTAMINAR

PARA CON SAÚDE

PODER RESPIRAR


NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR


OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR


QUEREMOS QUE A TERRA

DEIXE DE CHORAR

DE TANTA DESFEITA

QUE ESTAMOS A PROVOCAR


NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR


OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR


QUEREMOS UN MAR

SEN ENVELENAR

LIBRE DE VERQUIDOS

PARA DEL GOZAR


NESTA AXENCIA

QUEREMOS LOITAR

E PROTEXER O PLANETA

POR CEO, AIRE, TERRA E MAR


OS DETECTIVES DE TOMIÑO

QUEREMOS COLABORAR

A BORRAR DO DICCIONARIO

A VERBA CONTAMINAR


DETECTIVES DE SOBRADA



O alumnado de 2º ciclo fixéronse pasar por detectives do medio ambiente deleitándonos cunha coreografía moi imaxinativa.

A FAUNA DAS ILLAS ATLÁNTICAS



O alumnado de primeiro ciclo intentou concienciar á xente da importancia de coidar a flora e a fauna de todo o noso o planeta. Para iso disfrazáronse de especies animais propias das illas atlánticas, como son os mexillóns, as nécoras, as píntegas e os araos papagaios, e compuxeron esta canción que aparece no vídeo. Por si non se aprecia ben a letra, aquí podedes vela escrita.

FAUNA DAS ILLAS ATLÁNTICAS


NÉCORAS,MEXILLÓNS

PÍNTEGAS E ARAOS

CHEGAN A SOBRADA

PARA CONCIENCIARNOS


A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI DEBES SALVARNOS


AS NOSAS NÉCORAS

COAS SÚAS PINZIÑAS

COLLEN CON MOITO TINO

AS SÚAS COUSIÑAS


A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI DEBES SALVARNOS


OS MEXILLÓNS

DAS NOSAS ROCHAS

ESTÁN A SALVO

DAS MARAGOTAS


A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI DEBES SALVARNOS


NEGRAS E AMARELAS

COMO AS ABELLAS

CHEGAN AS PÍNTEGAS

ARRASTRO POLAS PEDRAS


A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI DEBES SALVARNOS


VOANDO POLO OCÉANO

CO SEU PICO DE CORES

O ARAO PAPAGAIO

CHEGA DE MOI LONXE


A CONTAMINACIÓN ESTANOS MATANDO

PERO TI TÉS QUE SALVARNOS


CROSS DE A GUARDA



Neste curso participamos nun cross que se celebrou na Guarda aquí tedes unha pequena mostra das nosas carreiras.

martes, 23 de febrero de 2010

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas dirixidas ó alumnado de sexto de primaria para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de marzo.

ENTROIDO MEDIOAMBIENTAL EN SOBRADA!

O pasado día 12 de Febreiro celebramos a chegada do entroido no noso cole. Por sorte, tivemos bo tempo e puidemos desfilar sen problemas polo patio. Aquí tedes un adianto do bonitas e lucidas que foron todas as comparsas, por non falar das exquisitas sobremesas de entroido que puidemos degustar gracias ás familias. Mmmmmm!

lunes, 8 de febrero de 2010

Free Rainbow Graphics - http://www.myrainbowtext.com


FESTIVAL DE ENTROIDO!
Aquí tedes o programa do festival do venres 12 de Febreiro.
(Pinchade na imaxe para agrandala)

ORDES DO MECO


Achégase a festa de Entroido e, como saberedes, o Meco é un personaxe característico que non pode faltar. Os alumnos/as do 3º ciclo de Primaria confeccionárono coas doazóns do resto dos ciclos e as súas propias, e tendo en conta o coidado do medio ambiente.


O noso Meco é un pouco caprichoso e ordéanos traer cada día desta semana algún obxecto ou prenda para prepararnos para a festa do vindeiro Venres, día 12 de Febreiro.
O Xoves viñemos coa PUCHA posta!



O Mércores trouxemos unha PLUMA DE AVE no corpo

O Martes tivemos que vir tod@s cunha FLOR NA CABEZA.
O Luns trouxemos unha FOLLA colgada

martes, 2 de febrero de 2010

2 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS

Os humidais son: "Extensións de marismas e pantanos, ou superficies cubertas de auga, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña cuxa profundidade en marea baixa non exceda de seis metros".
Hoxe, 2 de Febreiro, conmemórase o DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS, data na que se asinou en 1971 o Convenio sobre os Humidais, a beiras do Mar Caspio, na cidade iraniana de Ramsar.
Un dos principais logros deste Convenio, tamén chamado Ramsar, foi a creación da lista de humidais de importancia internacional. Dita lista está composta por 1886 humidais de 159 países.
O Estado español adheriuse ao Convenio en 1982, e até a actualidade (xaneiro 2010) incorporou á Lista de Humidais de Importancia Internacional 63 zonas húmidas cunha superficie de 281.768 hectáreas entre as que destacan parques nacionais como Doñana e Táboas de Daimiel e lagoas como Villafáfila, e Gallocanta.

A IMPORTANCIA DOS HUMIDAIS

O lema elixido pola Convención de Ramsar sobre os Humidais para 2010 é: "Coidar os humidais, unha resposta ao cambio climático". Os estudos existentes demostran que o cambio climático provocará que algúns ecosistemas acuáticos continentais pasen de ser permanentes a estacionais, mentres que outros directamente desaparecerán. O cambio climático provocará nalgúns humidais importantes reducións da biodiversidade asociada a estes excepcionais espazos naturais.
Os humidais son valorados como fontes de auga, recarga de acuíferos, criadeiros naturais de peixes e reservas únicas de diversidade biolóxica e cultural, entre outras irremplazables funcións; agora precisan ser recoñecidos como aliados indispensables na mitigación dos impactos negativos do cambio climático sobre os ecosistemas naturais, as concas hídricas e os asentamentos humanos en todo o planeta.

Máis información: RAMSAR