lunes, 28 de febrero de 2011

O MECO DI...

Mañá martes 1 de marzo haberá que traer unhas gafas para contentar a este Meco tan prudente.





viernes, 25 de febrero de 2011

VINDEIRA SEMANA DE ENTROIDO!

Síííííí! Xa estamos a preparar a espectacular festa de Entroido que terá lugar o vindeiro venres no cole! e, coma todos os anos, o Meco vainos ordenar que traiamos unha cousa cada día da semana que vén. Para o Luns 28 a orde do Meco dende o 1º ciclo é:

"POLO MAR, O CEO E O ESPAZO,
MERGULLADOS NO AZUL IMOS ESTAR,
PON UNHA CINTA AZUL NA CABEZA,
PARA O MECO CONTENTAR"




LEMBRANDO O ENTROIDO DO ANO PASADO...

Como pasa o tempo...Parece que foi onte cando desfilamos polo patio do cole de detectives do medioambiente, tulipáns, árbores e fauna das illas atlánticas e xa pasou UN ANO!! O vindeiro Venres 4 de Marzo celebraremos o entroido deste ano adicado á educación viaria. Non dá chegado o día, así que mentres tanto, imos lembrar o ben que o pasamos naquela data:


viernes, 11 de febrero de 2011

ACTUACIÓN MAGO CALI




No mes de febreiro os nenos/as de segundo ciclo fomos ó teatro de Goian a ver o espectáculo de maxia do mago Cali.
A obra foi moi chula, fixo moitos nun deles meteu un pano na man botoulle pó maxico e saltaron petardos !foi fantastico!,noutro conmverteu unha servilleta en neve que esparciu cun abano moi grande.
O mago Cali tamén publicou un libro con moitos trucos titulado "Contos por palabras".

miércoles, 9 de febrero de 2011

2º receita: MAZAPÁNS

Con motivo dunhas datas tan sinaladas como é o Nadal, aproveitamos para elaborar coas nosas propias mans un doce moi típido: MAZAPÁN!!! Para elo, empregamos améndoas, azucre, auga, monda de limón e ovo (o auga con azucre diluído).

O primeiro que fixemos foi moer as améndoas e o azucre moi ben para despois botarlles un pouco de auga, previamente fervida cunha monda de limón. Mezclamos todo ben ata formar unha masa e fixemos bolas e formas que pintamos con ovo batido (ou auga con azucre diluído). Metímolos ao forno uns minutiños e deixámolos enfriar un bo anaco ata comelos todos!!!!!