Mostrando entradas con la etiqueta Turonia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Turonia. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de junio de 2022

TURONIA 2022

 Despois dun parón de dous anos regresou o Turonia, tan ben acollido coma sempre. Mantiveronse todas as actividades salvo a da acampada pola noite por protocolos covid.

Durante dous intensos días os alumnos de 6º dos colexios de Barrantes, Caselles e Sobrada non paramos de percorrer os camiños de  Tomiño a pé e en bicicleta.

O primeiro día tocou unha ruta a pé por sendeiros preto do río Cereixo dende Pinzás ata Barrantes. Visitamos o centro de interpretación da auga en Pinzas, coñecemos as lendas de Grixó, aprendimos a orientarnos con mapas e a observar a flora e a fauna todo apoiado nas explicacións dos colaboradores, profesores e os caderniños.
En Gampuzada paramos a xantar e a facer a carreira de orientación para localizar as balizas.

O segundo día tocoulle o turno as bicicletas para cubrir unha ruta dende Ceip de Barrantes ata o embarcadoiro de Goián onde gozamos da experiencia de montar en piragüa grazas a axuda do club deportivo os Teixugos.

Esta mega actividade non poderia realizarse sen a axuda económica e persoal de  moitas persoas e entidades; agradecemos a ANPA de Sobrada que aportou a merenda dos dous días, as Comunidades de Montes pola súa aportación económica para a compra das camisetas ao concello de Tomiño, persoal de protección civil, ciclistas axudantes a María polo deseño das camisetas, profesores, pais e nais e tódalas persoas que fixeron posible un ano máis manter esta actividade única.

Ata o vindeiro ano!