miércoles, 19 de febrero de 2020
martes, 18 de febrero de 2020
lunes, 17 de febrero de 2020
viernes, 14 de febrero de 2020
ACHEGASE O ENTROIDO
Aqui está o Meco mandarín, o máis trouleiro, curioso e aventureiro. Comenzou o seu reinado, asi que xa sabedes todos, andade con ollo para non amolalo, prestade atención as ordes que nos deixa no carteliño.
miércoles, 12 de febrero de 2020
XORNADA BENXAMÍN DE BÁDMINTON
O pavillón de Tomiño de A Carballa acolleu hoxe a última das xornadas da liga e tamén clasificatoria para a final de bádminton. Foron os benxamíns, os máis pequenos da liga os que tomaron un primeiro contacto con deportes de raqueta; superado o primeiro momento de nerviosismo ante un novo acontecemento, estes benxamíns organizaronse e desenvolvéronse moi ben no campo.
Desta xornada farase un cadro clasificatorio, do que informaremos, para as finais que se celebrarán o vindeiro mécores 19 de febreiro e na que participarán todas as categorías: benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.
Noraboa a todos pola vosa participación.
DEPORTE ESCOLAR
Recibimos o mes de xaneiro con moito movemento, recen chegados do nadal participamos en varias actividades.
A primeira delas foi unha dinamización deportiva co colexio de Salceda de Caselas. Desta vez xogaron os cursos de 6ºA e 4º do noso cole, tivemos que organizarnos moi ben para atender a todos os deportes e participar no maior número posible. Xogamos, animámonos moito como grupo, aprendemos a adaptámonos ós cambios que acontecian no xogo, probamos cousas novas e sobre todo coñecimos e convivimos con nenos/as doutro centro.
Nesa mesma semana pola tarde comenzaba a liga de bádminton do Baixo Miño que se desenvolve simultaneamente no pavillón de A Carballa de Tomiño e no Ceip de Randufe durante dúas xornadas. Os mellor clasificados pasan a unha final zonal que se celebrará o día 20 de febreiro en Tomiño. Os mellor clasificados desta fase participarán no Cto. Provincial de Bádminton representando a Agrupación Deportiva do Baixo Miño, equipo Agrudebam, nenos de todoslos colexios da zona unidos para lograr o mesmo obxectivo.
PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS:
Da fase zonal de cross que se celebrou durante o mes de novembro e decembro clasificáronse algúns atletas ,so os oito mellores postos de cada categoría, para participar no Cto. Provincial de Cross que se celebrou no Parque de Castrelos de Vigo. A participación nestas probas é moi numerosa, hai que correr moito!!!, e situarse ben na saída, como podedes ver nestos vídeos grabados pola familia de Brais da categoría alevín masculina.
lunes, 3 de febrero de 2020
DIA DA PAZ
Este día coincide precisamente co aniversario da morte do lider pacifista Mahatma Gandhi que promoveu a non violiencia e a resistencia pacífica, unha gran persoa que nos deixa grandes ensinanzas, del é a célebre frase: Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño.
Profesores e alumnos quixemos conmemorar este día cun acto simbólico no que cada un foi depositando a súa foto nunha gran pomba da paz. Esta gran pomba debe recordarnos que todos, por diferentes que sexamos e por diferente que pensemos, podemos compartir un mesmo espazo e convivir respetándonos uns aos outros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)