miércoles, 21 de diciembre de 2016

A comunidade educativa do CEIP de Sobrada deséxalles  unhas
FELICES FESTAS.

Hoxe recibimos unha visita moi especial e moi agardada polo Nadal,a de Papá Noël, despois de darnos uns consellos e de recoller as nosas cartas, continuou o seu camiño.

viernes, 16 de diciembre de 2016

EXPOSICIÓN DE INVERNO


Como todos os anos por estas datas, xa podemos contemplar os estupendos traballos que fixechedes nas vosas casas para a exposición de inverno "TOMIÑO NO CAMIÑO".
Non hai nada como velas no cole, de todos modos, aquí deixamos esta mostra.
Moitas grazas e parabéns, coma sempre,pola vosa participación.

viernes, 2 de diciembre de 2016

LIGA VOLEIBOL. PROGAMA XOGADE

Coa xornada deste mércores, remata a liga de voleibol na que cada equipo disputou casi que 12 partidos. Noraboa ao equipo de Sobrada que estivo a piques de facer podio a falta dun tanto, ó que non lle resta importancia ó ben que xogaron e a deportividade que se respitou durante a competición.
Agradecemos a Sofía de 5º do "equipo blogger" a elaboración deste  video cos mellores momentos das xornadas.

Balonmán

O club de balonmán de Tui vironnos a dar unha charla interesante.

Magosto

Coa chegada das primeiras castañas, subimos ó Monte Aloia a celebrar a tradicional festa do magosto, un acontecemento que sempre que o tempo o permite, gústanos celebrar no monte, onde ademáis de degustar castañas e chourizos, tamén fixemos roteiros moi didácticos e compartimos tempo de lecer.
Esta festa tan arraigada nas nosas tradicións tiña o significado de honrar as colleitas e devolverlle á castaña a importancia que, en tempos, lle sacou o millo e a pataca chegados de America.

martes, 29 de noviembre de 2016

VIDEOS CAMPO A TRAVÉS DE A GARDA

Nos enlaces, poderás ver dous videos resumen sobre o campo a través de A Guarda celebrado o pasado día 26 de novembro, así como  a interesante exhibición de canicross organizada  o rematar as carreiras.

jueves, 24 de noviembre de 2016

COMEDOR ESCOLAR

Sabedes que no noso cole xa temos comedor? Que vos podedes anotar e quedar a comer cos vosos compañeiros/as? Que temos a folla do menú mensual na corcheira da entrada para saber o que nos toca cada día?

Así que, xa sabedes, se algún día a papá ou a mamá lles xurde calquera imprevisto, podedes quedar a comer na escola.

Se vos interesa decídesllo ós vosos pais ou nais e collede o impreso na Dirección do Centro ou falade con calquera membro da Xunta Directiva da nosa ANPA.





EQUIPO DE MEDIADORES



Xa temos equipo de mediación na nosa escola!

Que non sabedes o que é a mediación?

Pois é un proceso de xestión de conflitos, no cal os/as nenos/as enfrontados/as reunímonos en presenza do/a mediador/a e mediante o diálogo buscamos saídas ó problema conxuntamente.

A mediación ten que ser:
  • Voluntaria ( imos voluntariamente xunto ós mediadores).
  • Confidencial ( todo o que digamos vai ser tratado entre os mediadores e as partes en conflito).
  • As decisións e os acordos son tomados libre e responsablemente polos nenos/as en conflito.

domingo, 20 de noviembre de 2016

CAMPO A TRAVÉS DE A GUARDA

http://www.agrudebam.es/campo-a-trav%C3%A9s/

O 26 de novembro temos unha cita co atletismo no primeiro cross desta tempada, que se organizará no Concello de A Guarda nas instalacións do Camping Santa Tecla. Este cross forma parte do programa XOGADE e poderán participar dende a categoría benxamín ata a cadete.
Infórmate aqui de como chegar, horarios  e circuitos

Durante a mañá poderemos disfrutar dunha exhibición de modalidades de correr menos coñecidas acompañandose dun can: o canicross, bikejoring, patín e triciclo.

lunes, 14 de noviembre de 2016

LIGA VOLEIBOL

voleibol-imagen-animada-0014
O vindeiro 16 de novembro comenza a campaña de deporte escolar deste curso coa actividade de voleibol que se desenvolverá no pavillón de Randufe os días: 16 e 30 de novembro.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

domingo, 6 de noviembre de 2016

HALLOWEEN QUIZ

O alumnado de 2º póñennos a proba cun cuestionario sobre persoaxes de Halloween. Parabéns polo resultado por facelo en tempo récord.

HALLOWEEN RECIPES

HALLOWEEN RECIPES on PhotoPeach

O alumnado de 6º elaborou unhas receitas basadas na festividade de Halloween. Coordináronse perfectamente para elaboralas en menos de 40 minutos. Parabéns!

THE ORIGINS OF HALLOWEEN




 O alumnado de 5º cóntannos un pouco sobre a festividade de Halloween en Estados Unidos e as orixes desta festa. Parabéns polo resultado porque o fixeron en tempo récord.

viernes, 4 de noviembre de 2016

CALENDARIO ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR

Reunida a xunta electoral que vai regular o proceso de elección de candidatos/as ó Consello Escolar do CEIP de Sobrada, acorda propor o seguinte calendario.


martes, 4 de octubre de 2016

SEGURIDADE NA REDE

O pasado 27 de setembro as familias do noso centro recibiron unha charla sobre un experto membro da Garda Civil nos riscos e na seguridade de Internet.
Sobresaínte foi a exposición deste experto, abríndonos os ollos e dando consellos a ter moi en conta á hora de conectarse a Internet.



Aquí vos deixamos uns pequenos consellos a ter en conta.



martes, 13 de septiembre de 2016

viernes, 9 de septiembre de 2016

INICIO DO CURSO 2016-2017

O vindeiro martes 13 de Setembro comezarán as clases no noso Centro. O horario será de 9 a 14 horas.

Vémonos prontiño!!!

jueves, 30 de junio de 2016

REMATE DO CURSO 2015-16

Ata aquí este curso, grazas a todos/as polas vosas aportacións.
Que disfrutedes das vacacións, ata o curso que vén e BO VERÁN!


martes, 28 de junio de 2016

VIDEO RECOPILATORIO CURSO 2015/2016

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

No derradeiro día de clase os alumos de 6º  agasalláronnos cunha xornada de xogos populares dirixidos por eles, que coma sempre logran captar a nosa atención. Noraboa por ser tan pacientes e  ensinarnos tan ben  e moita sorte na seguinte etapa.



E despedimos o curso cunha merenda no patio.






VISITA A DOMUS, 5º curso

VISITA A SOGAMA, 5º curso


miércoles, 22 de junio de 2016

ÚLTIMO DÍA DE CLASE

Última reunión deste curso que terá lugar o mércores 22 de xuño.

 1º e 2º de primaria: De 9:45 a 10:30h
 3º e 4º de primaria: De 10:30 a 11:15h
 5º e 6º de primaria: De 11:15 a 12h
 Educación Infantil: De 9 a 9:45h

 Despois das reunións faremos unha festa de despedida. Como en anos anteriores correspóndelle ó alumnado de E.I. 4 anos, E.I. 5 anos, 2º, 4º e 6º de primaria traer algo de comida.

viernes, 17 de junio de 2016

TURONIA 2016

Un ano máis o Turonia concentrou a todolos nenos/as do de sexto curso do Concello de Tomiño  e despertar o interese pola cultura e xeografía  máis cercana a nos. Este ano estivo centrada no magnífico  monte de A Pedrada, alí  tivemos a ocasión de coñecer os picos máis importantes que se poden ver dende a Pedrada, recoñecer minerais e baixando un pouquiño o monte descubrir as mámoas de Vilachán do Monte. Outra das actividades de campo destacada foi a do recoñecemento da calidade da auga do río Pego a través da análise dos seus macroinvertebrados.

XORNADA DE ATLETISMO

O atletismo  concentrou nunha soleada xonada nas instalacións deportivas de A Macoca- Tui, ós escolares de 5º curso de primaria dos colexios de Tomiño, nunha dinámica xornada onde puxeron en práctica varias disciplinas atleticas: carreiras de medio fondo, velocidade e os concursos de salto de lonxitude e lanzamento, rematando a xornada cos emocionantes relevos 4X100ml.
Aqui vos queda unha mostra da xornada neste vídeo preparado polo alumnado de 5º

jueves, 16 de junio de 2016

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016 - 2017



C.E.I.P. DE SOBRADA
Torrón-Sobrada, s/n.
36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra)
Telf: 886 11 07 44/45 Fax: 886 11 07 46
e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es
www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2016-2017

EDUCACIÓN INFANTIL: Sen libros

EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º de PRIMARIA:

  • MATEMÁTICAS 1 “Aprender es crecer” (en castelán) ED. ANAYA (1º, 2º e 3º trimestres)
ISBN ………… 978-84-678-6503-5

  • MÚSICA: “XOGRAR 1” ( Galego )-Século XXI. Editorial Galinova.
ISBN ........... 978-84-9737-116-2


  • RELIXIÓN CATÓLICA 1 (en castelán) ED. ANAYA
ISBN ………… 978-84-678-7604-8


2º de PRIMARIA:

  • MATEMÁTICAS 2 “Aprender es crecer” (en castelán) ED. ANAYA (1º, 2º e 3º trimestres)
ISBN ………… 978-84-678-7422-8

  • MÚSICA: “XOGRAR 2” ( Galego )-Século XXI. Editorial Galinova.
ISBN ........... 978-84-9737-117-9


  • RELIXIÓN CATÓLICA 2 (en castelán) ED. ANAYA
ISBN ………… 978-84-678-7606-2



RESTO DOS CURSOS: SEN LIBROS

DINAMIZACIÓN CEIP DE BARRANTES CEIP DE SOBRADA

O pasado mes de maio recibimos no noso colexio o Ceip de Barrantes para celebrar a última das xornadas de multideporte, desta vez xogamos 4ºA e B e 5º A. Foi unha xornada intensa e moi divertida, aqui vos deixamos un vídeo.

domingo, 5 de junio de 2016

MOTHER NATURE

Hoxe celébrase o día do Medio Ambiente e o alumnado de 6º quixo rendir unha pequena homenaxe á nosa Nai Natureza.
Gracias á profe de inglés, Lucía González, pola idea.


domingo, 29 de mayo de 2016

NAVEGA CON RUMBO

O pasado mércores tivemos unha charla do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia na que  alumnado e profesorado de 5º e 6º de primaria, puidemos aprender algo máis dos riscos que pode supoñer o navegar por Internet e que é o que debemos ter en conta para unha navegación segura.






Aquí vos deixamos uns enlaces en onde podedes atopar guías de navegación para alumnado, profesorado e familias, ademais de outra páxina en onde podemos aprender xogando.




viernes, 20 de mayo de 2016

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O auditorio de Goián acolleu hoxe o Festival das Letras Galegas do noso centro, homenaxe adicada ó escritor MANUEL MARIA que cunha gran variedade de  actuacións poidemos gozar  da creatividade do alumnado en poesía, teatro, baile...e empaparnos deste fermoso idioma, o resultado foi fantástico.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actuacións, nos vindeiros días iremos subindo vídeos.



miércoles, 18 de mayo de 2016

XIX FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016

Temos o pracer de achegarlles o programa do Festival das Letras Galegas, este ano adicado ó poeta chairego Manuel María, e que celebramos un ano máis para fomentar nos nenos e nenas o interese e aprecio pola nosa cultura galega. 
Gustaríanos contar coa súa presenza nas actuacións preparadas polo alumnado, que terán lugar o vindeiro
venres 20 de maio a partires das 10:30h no auditorio de Goián.




PROGRAMA
  • "O fantástico Curuxo" Teatro- Ed. Infantil
  • "Mother Nature". Vídeo-Clip-6º curso.
  • "A árbore das follas Din A4". Teatro 1º e 2º cursos.
  • Vídeo obradoiros. 6ºcurso.
  • "Desta terra". Dous poemas e unha cantiga- 3º e 4º cursos.
  • Vídeo obradoiros- 6º curso.
  • Canción " A Terra Cha", danza "Mallo de roda" e rap- 5º e 6º cursos.
  • Vídeo resumo do curso.
  • Recitado conxunto dun poema. Despedida e peche (arredor das 12:40h)
Realizarán a presentación e amenización das actividades os alumnos e almunas de 6º curso.

viernes, 13 de mayo de 2016

OBRADOIRO DE CESTERÍA

Hoxe os nenos de infantil, 1º e 2º fomos a un obradoiro de cestería. Xaquín ensinounos o material co que se construen os cestos: palla de centeo e bimbios. Nós axudámoslle a contar as pallas e a sacarlle as follas. Gustounos moito!!!

jueves, 12 de mayo de 2016

INFORMACIÓN DIA NON LECTIVO

Lembramos que o vindeiro día 16 de maio de 2016  non será lectivo  segundo acordo do Consello Escolar do 22 de setembro de 2015 e resolución favorable da Xefatura Territorial 17 de novembro de 2015.

miércoles, 11 de mayo de 2016

Saída ao monte

  O venres 18 de marzo os nenos e nenas de 3º e 4º fixemos un roteiro polo monte que hai detrás do colexio . Acompañounos  Alberto Romero, un bo coñecedor da flora e da fauna tipicas da zona, e  explicounos moitas curiosidades  sobre as plantas : usos medicinais, forma de inxertar unha maceira e unha vide...Tamén nos contou un conto no que falaba da forma de pasalo ben os nenos en tempos dos nosos avós. Foi unha saída na que o pasamos moi ben e aprendemos  moitas cousas.
Deixámosvos un vídeo como mostra

martes, 10 de mayo de 2016

AS CORES DO RÍO MIÑO

Os alumnos de 3º e 4º , no primeiro trimestre deste curso,realizamos un taller sobre os ríos de Galicia. Pasámolo moi ben distinguindo as cores frías das cálidas. Queredes ver unhas imaxes sobre os ríos e o ben que o pasamos? Aqui vos deixamos este video sobre os ríos.

SAÍDA A VIGO

Os alumnos de 3º e 4º, no primeiro trimestre deste curso, fixemos unha saída a Vigo. Asistimos , no teatro , á representación da obra teatral "Nana para un soldado".Pasámolo ben porque tiña momentos moi cómicos... Ao terminar fomos ao Parque de Castrelos: foi moi divertido xogar con todos os nosos compañeiros! Que ben o pasamos!!! Aquí vos deixamos unhas fotos para que as vexades.

CHARLA DOS NENOS E NENAS DE 5º AOS DE 3º

O curso pasado os alumnos de 5º B déronnos unha charla sobre as formas de vida na Prehistoria. Foi moi interesante porque na zona hai moitos restos arqueolóxicos e deste xeito podemos coñecer como foi o noso pasado. Aprendemos cousas que non sabiamos e preguntámoslles as dúbidas que tiñamos. Pasámolo moi ben e quedámonos con ganas de saber máis dos nosos antepasados !!!

jueves, 5 de mayo de 2016

DINAMIZACIÓNS DEPORTIVAS

Estas foron as últimas dinamizacións que se levarón a cabo, na primeira desprazámonos ata o colexio de Randufe e na segunda das xornadas recibimos ó colexio Pedro Caselles, que ademais tivo de especial ser primeira vez que en Sobrada se organiza unha actividade de dinamización deportiva.
DINAMIZACIÓN CEIP DE RANDUFE/CEIP DE SOBRADA

DINAMIZACIÓN CEP PEDRO CASELLES/ CEIP DE SOBRADA 

viernes, 22 de abril de 2016

TENIS DE MESA

Este mércores, 20 de abril comenzou a a competición escolar de tenis de mesa que se vai a desenvolver no pavillón de Sobrada e que continuará os vindeiros mércores 27 de abril e 4 de maio. Está dirixido ó alumnado das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.Consolidada na zona  estase a converter nun dos eventos con mais seguidores entre o alumnado. Anímate e coñece un pouco mais de preto este deporte, achégate ata Sobrada.
Colexios que participan nesta edición: Nº1 de Tui, Nº2 de Tui, CEP Pedro Caselles, CEIP Antonio Fernández, CEIP de Barrantes e CEIP de Sobrada e o IES de Tomiño.





jueves, 17 de marzo de 2016

CURUXO ANDA A AXEXAR

Ola!!! 
Son o trasno Curuxo.
Levo tempo con vós e non me perdo ningunha das actividades que se fan no colexio: obradoiros,patios,clases... pero nas que mellor o paso é nas CELEBRACIÓNS como por exemplo "O ENTROIDO".
 Mirade se me atopades! 
Abride ben os ollos! 
De seguro que estou! 
Unha aperta do trasno 
 CURUXO






miércoles, 16 de marzo de 2016

PLANTACIÓN

Polo día Mundial do Medio Ambiente os nenos e nenas do cole repoboamos con nogueiras unha zona do monte comunal de Currás que se incendiara.
Contamos coa axuda de axentes forestáis, organizámonos en grupos para prantar cada un a súa arbore.
Aprendemos con esta actividade a coidar o noso entorno ademais de como plantar unha arbore para que medre ben e que coidados necesita.
Agora só nos queda esperar un tempiño para recoller as noces.



 Traballo redactado por... Uxia R., Ana M. e Aarón de 5ºA.

viernes, 4 de marzo de 2016

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 16/17

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 16/17



Postos escolares ofertados

CURSO
PRAZAS OFERTADAS
4º Educación Infantil
22 prazas + 3 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
5º Educación Infantil
7 prazas
6º Educación Infantil
10 prazas
1º Educación Primaria
4 prazas + 2 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
2º Educación Primaria
7 prazas
3º Educación Primaria
14 prazas
4º Educación Primaria
5 prazas
5º Educación Primaria
24 prazas
6º Educación Primaria
21 prazas

  • Prazo para solicitar reservas (centros adscritos): 1-15 de febreiro.
  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 1-29 de marzo.
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 1 de abril ao 12 de abril
  • Publicación listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril
  • Publicación listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.
  • Prazo de formalización de matrícula: 20-30 xuño
  • Recollida de impresos no Centro ou Anexo II da presente Orde.


Centros adscritos: C.R.A. de Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro ao que estamos adscritos: I.E.S. de Tomiño
Área de influencia do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)

Servizo complementario: Transporte escolar.