viernes, 21 de diciembre de 2018

POSTAL FELICITACIÓN

VISITA PAPA NOËL

COMO TODOS OS ANOS, PAPÁ NOÉL VOLVEU DE VISITA A SOBRADA.
OS PEQUES DO COLE ENTREGÁRONLLE AS SÚAS CARTAS E GOZAMOS TODOS DA SÚA VISITA










E PARA COMEZAR AS VACACIÓNS DE NADAL E O INVERNO COS BANDULLOS BEN QUENTIÑOS, O ANPA INVITOUNOS A UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE.
MOITÍSIMAS GRAZAS

The Cuisines de

BOAS VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS!!!

VÉMONOS O 8 DE XANEIRO DO 2019

jueves, 20 de diciembre de 2018

VISITA PIRATA PARK INFANTIL

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, O PASADO DÍA 29 DE NOVEMBRO FUMOS DE EXCURSIÓN A UN PARQUE DE BOLAS: PIRATA PARK DE VIGO, ONDE DISFRUTAMOS MOITOS, XOGAMOS, SALTAMOS, ESCALAMOS, BAILAMOS.... UN DÍA DE XOGOS E DESFRUTE MÁXIMO!!

lunes, 17 de diciembre de 2018

EXPOSICIÓN DE INVERNO


ABERTA A EXPOSICIÓN DE INVERNO

HALLOWEEN TRADITIONS


O alumnado de 4º cóntannos algo sobre a tradición de Halloween.

HALLOWEEN QUIZ


O alumnado de 3º cóntannos unhas adiviñas baseadas na conmemoración de Halloween.

HALLOWEEN PICTURE


O alumnado de 2º describe unha viñeta de Halloween.

HALLOWEEN POSTERS 1ºB

O alumnado de 1ºB elaborou uns posters de Halloween e presentoullo ó resto da clase.

HALLOWEEN POSTERS 1ºA


O alumnado de 1ºA elaborou uns posters de Halloween e presentounos ó resto da clase.

HALLOWEEN E REALIDADE AUMENTADA

O alumnado de 1º de primaria toma contacto coa realidade aumentada a través da conmemoración de Halloween.

HALLOWEEN E REALIDADE AUMENTADA

O alumnado de infantil de 5 anos toma contacto coa realidade aumentada a través da conmemoración de Halloween.

HALLOWEEN INFANTIL

jueves, 13 de diciembre de 2018

PAIS CONTACONTOS NA AULA DE 4 ANOS

No pasado mes de outubro, na aula de 4 anos tivemos a sorte de contar coa visita de BELÉN e DIEGO, nai e pai de TIAGO, que viñeron a contar dous contos: "COCORICO" e "CARABUÑAS". Os nenos disfrutaron moito co ben que o fixeron e ata trouxeron títeres! 
MOITÍSIMAS GRAZAS a estes pais por empregar parte do seu tempo en implicarse nestas actividades tan motivadoras para os nenos.
GRAZAS DE CORAZÓN!

lunes, 3 de diciembre de 2018

EXCURSIÓN A VIGO

O xoves 29 de novembro os alumnos/as de 3º e 4º de primaria fomos de excursión a Vigo. Primeiro no teatro de Afundación disfrutamos dun concerto de instrumentos insólitos; quedamos impresionados cunha silla de camping que soaba coma unha frauta ou mesmo unha gaita construida cunha bolsa de aluminio e ventosas...






Logo fomos ó Estadio do Celta, Balaidos. Coñecemos o estadio por fora, gustounos moito a cuberta, semella centos de tobogáns para tirarse por eles. Dentro visitamos o museo oficial do R.C. Celta, alí contáronnos a súa historia dende o inicio e coñecemos a Celestino, a exmascota.
Tamén dimos unha volta e vimos o campo onde se xogan os partidos, merendamos nas gradas e nese momento sorprendeunos ver dous xogadores: Hjulsager, centrocampista e Nestor Araujo, defensa.


                                              Pasámolo de cine!