viernes, 30 de noviembre de 2012

CAMPO A TRAVÉS

Un ano mais celebrouse o tradicional cross que abriu a tempada de deportes, desta vez o concello que acolleu esta proba foi O Rosal. Acompañounos a  chuvia e o mal tempo, máis non borrou protagonismo a estes pequenos grandes atletas que con moita ilusión participaron nas carreiras que se desenvolveron durante a mañá.
Desta vez foron moi poucos os participantes do noso centro alentados pola mala climatoloxía, haberá que esperar outra ocasión; así que, estade atentos as noticias!!
Parabéns a tódolos atletas polo esforzo realizado  motivándolles a que continúen participando noutras carreiras pois o verdadeiro triunfo non é gañar senon non desanimarse; gracias as familias que nos acompañaron cos seus ánimos e ao profesorado que traballou na organización para que todo saíra ben.
Aquí vos deixamos un vídeo do cross celebrado  en  O Rosal
Toda información detallada da carreira, clasificacións, fotos e vídeos as podedes atopar en www.agrudebam.


CAMPO A TRAVÉS O ROSAL from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 26 de noviembre de 2012

INFANTIL NO CAMELOT PARK!

O pasado mércores, 21 de novembro, os nenos e nenas de Infantil fixemos unha excursión ó CAMELOT PARK, unha ludoteca divertidísima en Vigo. Pasámolo pipa na piscina de bolas, nos tobogáns e colchonetas e ata tiñan dicoteca! Xa estamos desexando ir de excursión outra vez!

ADEGA SANTIAGO RUIZ


O alumnado do 2º ciclo realizou unha visita á ADEGA Santiago Ruiz de Carregal, aproveitando o proxecto que están a desenvolver sobre a industria do viño no Baixo Miño. ADEGA from ceip sobrada on Vimeo.

ADEGA SANTIAGO RUIZ from ceip sobrada on Vimeo.

EXPERIMENTO 2º CICLO


EXPERIMENTO from ceip sobrada on Vimeo. Despois de visitar a Adega, puideron comprobar no colexio coa colaboración da enóloga Luisa Freire, como se leva a cabo un traballo de experimentos científicos. Conseguimos inflar un globo tras a reacción do vinagre co bicarbonato.

domingo, 25 de noviembre de 2012

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de Novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No que vai de ano xa son 43 mulleres que perderon a vida a mans das súas parellas.
NON TE CALES! DENUNCIA!

viernes, 23 de noviembre de 2012

EXCURSIÓN 1º CICLO

O pasado xoves 21 de novembro os nenos e nenas do 1º ciclo fixemos unha saída a Vigo onde poidemos ver as tendas dun centro comercial, dar un pequeno paseo polo centro da cidade e asistir a divertida obra teatral "Titiricircus"onde dous xeniales paiasos ensináronnos a través de títeres personaxes dos vellos circos, coma o home forzudo, malabarístas, o mellor bailarín do mundo... Aqui vos deixamos unha mostra de imaxes do que fixemos nesta xornada.

martes, 20 de noviembre de 2012

O 20 de noviembre celébrase como o día mundial dos dereitos do nen@ co obxectivo de garantir que os dereitos dos cativos se respecten e se cumpran en tódolos países. Desgrazadamente isto non sucede en todo o mundo. A continuación, deixamos unha canción que menciona os principais dereitos que teñen.


lunes, 12 de noviembre de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A OBESIDADE

Hoxe 12 de Novembro celébrasse o Día Internacional contra a Obesidade. Según a Organización Mundial da Saúde ( OMS ), a obesidade e o sobrepeso defínense como unha acumulación anormal ou excesiva de grasas que pode ser perxudicial para a nosa saúde ( enfermidades cardíacas, circulatorias, diabetes...).
A causa fundamental do sobrepeso e a obesidade é un desequilibrio enerxético entre calorías consumidas e gastadas, xeradas por:
  •  Un aumento na inxesta de alimentos hipercalóricos que son ricos en grasas, sal e azúcar, pero pobres en vitaminas, minerais e outros micronutrentes
  • Un descenso da actividade física.
Para combatir a obesidade, o primeiro paso é alimentarse ben con alimentos que conteñan macronutrentes ( proteínas, grasas e carbohidratos), micronutrentes ( vitaminas e minerais ), con auga e con fibra ( que teñen orixe vexetal estando presente en grans, legumes...), todo dun xeito moderado e equilibrado. Tamén é clave realizar exercicio diario.


jueves, 8 de noviembre de 2012

DIA DO PEÓN

Por oitavo ano consecutivo, dende Brinquedia promóvese no territorio galego a celebración do Día do Peón baixo o lema Polo San Martiño, peóns ao camiño. O cole de Sobrada quere sumarse a esta iniciativa levando a cabo actividades relacionadas co peón.
 ligazóns de interese

                                            MANIFESTO DÍA DO PEÓN 2012

                                                  Canto para bailar o peón


Espile, rapaz, chegou o tempo:
do seu adurmiño
esperta o brinquedo.

                  Corre, rapaza, vai ao faiado
                  lonxe quedou
                  o San Amaro

Espreguiza, rapaz, toca xogar
a túa habelencia
ven amosar.

                 Bule, rapaza, o xogo é sinxelo
                 na cunca da man
                 acubilla o enredo.

Axiña, rapaz, envolve o peón
viste a buxaina
da capa ao ferrón.

                 Vamos, rapaza, arrólalle a corda
                 ponlle a baraza
                 envolve a piola.

Adiante, rapaz, xa é tempo
ergue esa brazo
moi preto do ceo.

                Sen presa, rapaza, contén o alento
                baila ese trompo
                lánzao con tento.

Imos, rapaz, báilao a xeito
unha volta tras outra
que xire un bo treito.

                Dálle, rapaza, xa é San Martiño
                o teu peón
                lanza ao camiño!

                                                              Agustín Agra. Noia, Novembro de 2012

lunes, 5 de noviembre de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES no colexio. Todos os ciclos visitamos a nosa biblioteca e disfrutamos escoitando un conto moi especial, titulado: "LA BIBLIOTECARIA DE BASORA", baseado nunha historia real que sucedeu en Irak: A historia de Alia Muhammad Baker, unha bibliotecaria que loitou por salvar o valioso fondo da biblioteca durante a invasión de Irak e que nos lembra que, no mundo enteiro, o amor pola literatura e polos libros non teñen fronteiras. Ademáis, o AXEXO, mascota da nosa biblio, agasallounos cunha carpeta para que teñamos sempre presente información sobre a nosa biblioteca. Aquí tedes algunhas fotos da conmemoración deste día: 

domingo, 4 de noviembre de 2012

SAMAÍN NA AULA DE 4 ANOS

Na clase de 4 anos tamén festexamos o SAMAÍN. Cada nen@ trouxo unha cabaza da casa e quixemos decorala dun xeito especial, convertíndoas en VAMPIROCABAZAS!!! Despois do proceso de transformación, así de terroríficas quedaron!!
  Tamén fixemos unha chea de esqueletes utilizando un alimento que nos encanta: a pasta. Calquera tipo valía: fideos, laciños,... Mirade que divertidos! 

sábado, 3 de noviembre de 2012