miércoles, 1 de julio de 2015

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Os días 1 e 2 de xullo celébrase en Vigo o III Simposio nacional de Aprendizaxe Cooperativa, no cal participa profesorado do noso colexio coma asistentes e coma comunicadores das experiencias que levan a cabo. Organiza a Universidade de Vic coa colaboración do Centro de Formación e Recursos do profesorado de Vigo.
Podedes seguir as novas en twitter: #IIIsimposioCAAC



miércoles, 24 de junio de 2015

XV XORNADAS DE XOGOS POPULARES

Rematamos o curso cunha xornada de xogos populares, xa van 15 edicións!! dirixida polo alumnado de 6º curso que coma sempre, conseguen que o pasemos xenial.


martes, 23 de junio de 2015

TURONIA 2015

Un curso máis, e xa vamos na 15 edición!! o alumnado de 6º de todoslos centros do concello de Tomiño, realizou  un percorrido  dende Sobrada a Goian no que afondaron en distintos aspectos do coñecemento do noso entorno.
O fío conductor "As escolas da emigración".

Agradecemos a profe Melisa permitirnos lembrar con este vídeo esta maravillosa saída.

martes, 16 de junio de 2015

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016



EDUCACIÓN INFANTIL
SEN LIBROS
EDUCACIÓN PRIMARIA


1º PRIMARIA
MATEMÁTICAS  1  “Aprender es crecer”  (en castelán) ED. ANAYA (1º, 2º e 3º trimestres)
ISBN ………… 978-84-678-6503-5
MÚSICA: “XOGRAR 1” ( Galego )-Século XXI. Editorial Galinova.
ISBN ........... 978-84-9737-116-2
RELIXIÓN  CATÓLICA 1 (en castelán) ED. ANAYA
ISBN ………… 978-84-678-7604-8


2º PRIMARIA
MATEMÁTICAS  2  “Aprender es crecer”  (en castelán) ED. ANAYA (1º, 2º e 3º trimestres)
ISBN ………… 978-84-678-7422-8
MÚSICA: “XOGRAR 2” ( Galego )-Século XXI. Editorial Galinova.
ISBN ........... 978-84-9737-117-9
RELIXIÓN  CATÓLICA 2 (en castelán) ED. ANAYA
ISBN ………… 978-84-678-7606-2

lunes, 15 de junio de 2015

FALA SIGNADA EN INFANTIL

Un dos talleres cos que contamos en Infantil é o TALLER AUDIOVISUAL, a través do cal o equipo de orientación do colexio ensinoulle aos nenos/as distintos signos que podemos utilizar para comunicarnos. Ollade que expresivos son estes rapaces!
 
FALA SIGNADA from ceip sobrada on Vimeo.

martes, 10 de marzo de 2015

DINAMIZACION DEPORTIVA EN RANDUFE

O pasado 4 de marzo os nenos e nenas de 4º e 5º desprazamonos ata Radufe para celebrar unha xornada de dinamización deportiva, xogamos a balonman, voleivol, baloncesto, fútbol e bádminton.Nos, os de cuarto sudamos para gañar  en fúbol e en bádminton e contentounos moitisimo, os de quinto só perderon en fútbol.
Encatounos esta experiencia porque é divertida,coñocemos a outros nenos e nenas e aprendemos a xogar.Gustaríanos repetir neste curso,a ver se temos sorte e nos toca.

martes, 3 de marzo de 2015

O TEMPO DE OCIO E LECER


 Durante o primeiro trimestre deste curso, nos talleres "O TESOURO DA INFORMACIÓN" e "O PRACER DE MIRAR E DE CREAR", os nenos e nenas levaron a cabo un proxecto relacionado co tema transversal da escola neste ano académico "O TEMPO DE OCIO E DE LECER".

Buscaron información sobre cales eran os entretenementos antes e agora, nas vilas e nas cidaes, as coleccións, os xogos, os parques, os lugares de reunión...
Bueno, o mellor é que vexades este video con imaxes de todo o proceso e os resultados.

Tamén podedes visitar a nosa exposición no primeiro andar do colexio, ou pedirnos que vos demos unha conferencia sobre o aprendido!

Esperamos que vos guste.

sábado, 28 de febrero de 2015

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2015-2016


Postos escolares ofertados

CURSO
PRAZAS OFERTADAS
4º Educación Infantil
22 prazas + 3 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
5º Educación Infantil
13 prazas
6º Educación Infantil
15 prazas
1º Educación Primaria
5 prazas + 3 alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
2º Educación Primaria
16 prazas
3º Educación Primaria
5 prazas
4º Educación Primaria
23 prazas
5º Educación Primaria
19 prazas
6º Educación Primaria
23 prazas

-       Prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 2-23 de marzo
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

-       Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 25 de marzo ao 7 de abril

-       Publicación  listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril.

-       Publicación  listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.

-       Prazo de formalización de matrícula: 20-30 xuño.

Centros adscritos: C.R.A. de Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro ao que estamos adscritos: I.E.S. de Tomiño
Área de influencia do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)

Servizo complementario: Transporte escolar.

lunes, 23 de febrero de 2015

CARREIRA SOLIDARIA CEIP DE SOBRADA


O CEIP de Sobrada conmemora o Día da Paz cunhas Carreiras Solidarias

No pasado 5 de febreiro o CEIP de Sobrada organizou  unhas Carreiras Solidarias,  en colaboración coa ONG Save the Children,
O lema neste ano era : Corremos xuntos para combater a fame, polos dereitos das crianzas de Malí.
Os  nenos e nenas buscaron patrocinadores que se ofreceron a darlle “x”cartos por voltas a un circuito determinado, unha vez rematada a carreira ensínanlle aos patrocinadores un carné coas voltas dadas.
Na escola recollemos o diñeiro e facémosllo chegar a Save The Children.
Todo este esforzo solidario converterase en suplementos alimenticios e recursos para as familias dos nenos e nenas de Malí ata que cheguen as próximas colleitas,  tamén en vacinas e medicamentos.
Queremos agradecer aos patrocinadores porque grazas a eles recadamos máis de 950€, e, con todo isto,  pretendemos lembrar aos adultos que todas as crianzas do mundo teñen os mesmos dereitos e que a nosa obriga como adultos é facer que se respecten, evitando a fame, a pobreza e a guerra.

XORNADA DE DINAMIZACION CEIP DE TEBRA-CEIP DE SOBRADA

Xa comenzaron as agardadas xornadas de dinamización deportiva entre centros da zona do Baixo Miño!!! Desta vez os primeiros foron os afortunados alumnos de 4º e 6º que xogaron cos compañeiros do CEIP de Tebra. Unha intensa mañá na que houbo oportunidade de gañar e de cando en vez, perder partidos e tamén como non, convivir con outros nenos e nenas.

domingo, 8 de febrero de 2015

CHEGOU O MECO A SOBRADA!

Como cada ano, por estas datas de Entroido, chegou o Meco ao noso colexio e, como non, con esixencias!
 Para o luns día 9 de febreiro mándanos vir cunha prenda que non sexa da nosa talla.
Así que, xa sabedes, a buscar nos armarios algo que poida contentar a este Meco caprichoso!!

lunes, 22 de diciembre de 2014

EXPOSICIÓN DE INVERNO 2014


EXPOSICIÓN DE INVERNO 2014 from ceip sobrada on Vimeo.

Xa estamos de vacacións, datas nas que gozar do tempo libre e de lecer desexando que que todos o aproveitemos moito e ben, deixamos neste video unha chea de ideas! Son todas vosas, outro ano máis a vosa participación fixo posible a exposición de inverno.
 Moitas grazas e Bo Nadal!

viernes, 12 de diciembre de 2014

EXPOSICIÓN DE INVERNO


Atención familias!!!!!!! Xa podedes visitar a exposición de inverno, este ano relacionada co tempo de lecer. 

Dende o luns, a partir das 13.15h, abrirase a aula antiga de Educación Infantil para que poidades visitala.

Agardamos a vosa visita!!! =)


jueves, 13 de noviembre de 2014

MAGOSTO



E así foi como celebramos todos e todas o Magosto no Monte Aloia!!!! ;)