martes, 31 de mayo de 2011

ACTIVIDADE MUSICAL NA BIBLIOTECA



Os docentes da escola de música de Amorín quixeron participar nas Xornadas Culturais deste ano. O alumnado de infantil e de primeiro ciclo puideron disfrutar coa música, sendo eles os protagonistas.

TENIS DE MESA



No pavillón de Sobrada estivemos a cambiar o ruido dos balóns polo ping-pong das pelotas de tenis de mesa xa que xogamos un torneo. Participaron unha chea de colexios de todo Baixo Miño en categorías : benxamins , alevins , infantis e alguns cadetes.
Sabendo que é un dos deportes máis técnicos e dos que hai que pensar a moita velocidade e manterse moi concentrado, cada partido que se vai gañando é unha motivación mais a seguir xogando. Gustounos moito participar e esperamos que para o curso que ven se volva a repetir.

SAÍMOS NO XORNAL

Premio nacional para el blog del CEIP de Sobrada



Ser distinguido por la asociación nacional Espiral Educación y Tecnología tiene mérito. Alcanzar el tercer puesto de la categoría centros en su concurso Edublogs, habiendo casi un millar de participantes en concurso, es para nota. Pero lo que ha hecho el CEIP de Sobrada es el más difícil todavía. Ha conseguido una Peonza de Bronce, que así es como se denomina al premio, por su blog.
Y lo ha conseguido pese a las dificultades tecnológicas y espaciales en las que desarrollan su proyecto, según explican sus propios protagonistas. La calidad de su trabajo queda avalada con el distintivo del programa EducaRed, ya que el concurso es uno de los eventos con mayor repercusión en la blogosfera educativa. Pero su valía es aún mayor. El colegio trabaja con las nuevas tecnologías integradas en las aulas «apostando pola súa utilización dende educación infantil e facendo partícipe a toda a comunidade educativa». Pero los medios a su alcance no son precisamente los más adecuados. «Hai falta de conexións a Internet nas aulas, insuficiencia de ordenadores e espacios inadecuados», señalan. Resulta paradójico porque los ganadores de este tercer premio de blogs como recurso educativo tienen un aula de informática de 16 metros cuadrados.
Una antigua tutoría que se ha reinventado pero cuyas dimensiones no se pueden estirar más, con una ratio de hasta 25 alumnos por clase. La situación se complica aún más porque «no se dispone de conexión a internet en la segunda planta del inmueble, donde están ubicados los cursos de segundo y tercer ciclo». Además, informan, «as dotacións de material informático aportadas pola consellería son insuficientes e desiguais con respecto a otros centros. Nos últimos dous cursos só enviaron un ordenador para o centro».
Lógicamente, el premio ha sido «moi ben acollido» por el colectivo del centro. Los galardones serán entregados el sábado en el Museo Nacional del Centro de Arte Reina Sofía.

CONTACONTOS MARIONETO


As xornadas culturais deste ano no noso colexio abríronse con este contacontos chamado Marioneto, que nos abraiou a todos e a todas coas súas historias e os seus bonecos.

miércoles, 25 de mayo de 2011

XA CHEGA O FESTIVAL!

Este venres, día 27 de Maio, celebraremos o FESTIVAL DAS XORNADAS CULTURAIS. Os nenos e nenas de todos os ciclos están preparando unhas marabillosas actuacións que non vos podedes perder!!! Así que xa sabedes, o venres ás 10h. tedes unha cita no auditorio de Goián.
Aquí vos deixamos o programa do festival:


martes, 17 de mayo de 2011

lunes, 16 de mayo de 2011

TERCEIRO PREMIO DE BLOGS DE CENTRO!!!


O xurado do V Premio Espiral de Edublogs acordou concederlle ó blog do noso colexio o TERCEIRO POSTO na categoría de blogs de centro.
É un pracer enorme poder recibir a peonza de bronce, símbolo de recoñecemento do traballo realizado por parte de todo o alumnado e profesorado que contribuiu a facer cada vez máis grande e máis rico o noso blog.
Estamos de NORABOA e motivados para seguir facendo do noso blog esa fiestra que sirva para dar a coñecer a nosa forma de traballar.

Pinchando neste cartel accederedes á páxina de todos os premiados.

Coñece un pouco máis sobre Espiral e sobre os criterios de selección dos mellores blogs educativos.



sábado, 14 de mayo de 2011

BATERÍA DE LIMÓN


A través do traballo colaborativo o alumnado de sexto descubrimos como se pode construír unha batería con limóns.

CIRCUITOS ELÉCTRICOS


Estes son algúns dos circuitos eléctricos que fixeron alumnos e alumnas do terceiro ciclo.

EDUCACIÓN VIAL EN EQUIPO

Os nenos e nenas de Infantil aprendemos educación vial traballando en equipo e poñendo en práctica algunhas técnicas de traballo colaborativo. Axudámonos a aprender tendo en conta aos nosos compañeiros e chegando a conclusións comúns para todos os membros de cada equipo. Velaquí tedes un pequeno exemplo do traballo que levaron a cabo os nenos e nenas de 5 anos:

MOTOR ELÉCTRICO SIMPLE


O alumnado de sexto constrúe motores eléctricos simples.

CONSTRUCIÓN DUN TABACÓMETRO


A raíz da posta en práctica dalgunhas técnicas de traballo colaborativo, o alumnado de sexto realizou a construción dun tabacómetro, co gallo de comprobar os efectos do tabaco no corpo humano.

jueves, 12 de mayo de 2011

CREATIVIDADE TANGRAM

CREATIVIDADE TANGRAM on PhotoPeach
Actividade realizada polo alumnado de 1º ciclo en onde desenvolven a súa creatividade mediante a manipulación do tangram.

O NOSO CONCELLO: TOMIÑO


As nenas e nenos de 1º ciclo elaboraron este traballo sobre o seu concello.Diseñaron uns escudos persoalizados, repasaron os servizos que podemos atopar en Tomiño e realizaron unhas serie de propostas á súa alcaldesa.

MAPAS E SINAIS




O alumnado de 1º ciclo estudia as parroquias do Concello de Tomiño e os sinais de tráfico que podemos atopar por esa zona.

miércoles, 11 de mayo de 2011

CORREOS


Os nenos e nenas de 1º escribímoslle unha carta aos compañeiros de 2º. Deixámolas no buzón do cole para que eles as recolleran. Tiñan un selo inventado por nós con debuxos de medios de transporte.



Fixemos un proxecto sobre as profesións "DE MAIOR QUERO SER...". Gustounos moito a de CARTEIRO/A e empezamos a investigar moitas cousas relacionadas con correos: os selos, o logotipo, o correo electrónico...


Estes son os selos persoais que fixeron os nenos e nenas do 1º ciclo.

martes, 10 de mayo de 2011

CARREIRA DE SAN TELMO

Bonita maña deportiva a que poidemos disfrutar en familia participando na animada carreira de San Telmo que se celebrou en Tui co motivo das festas.
Os peques do cole, maiores e papás non dubidaron en calzar as zapatillas e percorrer as rúas de Tui con tantas gañas e ilusión que ata se conseguiron varios trofeos.
!Pasámolo tan ben! que repetimos na popular e clásica carreira das agüiñas celebrada en Porriño na que algúns volveron a subir o podio.
!Noraboa a todos e todas!!



Non gardedes as zapatillas xa que aínda quedan por celebrarse a carreira de Gondomar o 28 de maio e a de Amorín o 5 de xuño.

O LIBRO VIAXEIRO DOS TRANSPORTES

No noso cole estamos a celebrar as Xornadas Culturais da Educación Vial e das Letras Galegas, e nestas datas poñemos en común moitas das actividades que facemos nas aulas.
En educación infantil elaboramos este Libro Viaxeiro coa colaboración de TODAS as familias, ás que agradecemos as súas aportacións. Botádelle unha ollada, porque hai historias realmente interesantes sobre os transportes de todos os tempos.

lunes, 9 de mayo de 2011

LOOKING BACK AT GUIJO


Remember the past simple tense with this work of the pupils of the sixth grade about the experience they lived in the Language Inmersion Camp at Guijo de Ávila. They used this presentation for told their experience in the camp to the pupils of the fifth year.

ALGO MÁIS SOBRE A SÚA VIDA...

Unha viaxe a través do tempo sobre a vida de LOIS PEREIRO:

RECURSOS SOBRE LOIS PEREIRO


Se pinchades na imaxe poderedes acceder a recursos e materiais imprimibles para traballar nas aulas ó autor homenaxeado este ano co gallo do Día das Letras Galegas: LOIS PEREIRO.
Ademáis atoparedes información sobre a importancia desta data ó longo da historia, actividades axeitadas a cada ciclo, biografía do autor, acceso ó seu blog...

domingo, 8 de mayo de 2011

ESTUDO DOS MEDIOS DE TRANSPORTE

miércoles, 4 de mayo de 2011

SOMOS FINALISTAS NOS PREMIOS EDUBLOGS!

Onte déuse a coñecer a lista dos blogs finalistas do V PREMIO EDUBLOGS 2011 e o BLOG DO CEIP DE SOBRADA atópase entre eles! Foi seleccionado na categoría de mellores BLOGS DE CENTRO. Chegar ata aquí, despois da cantidade de blogs de colexios de toda España que optan a estos premios é todo un logro e un recoñecemento para toda a comunidade educativa. Familias, profesorado e, sobre todo, alumnado, estamos de noraboa!
O blog non tería sentido sen as vosas visitas e comentarios, por iso, dende aquí queremos agradecelas unha vez máis e animarvos a que sigades estando informados de todas as actividades que se levan a cabo no cole a través desta bitácora e outras ás que tedes acceso dende aquí, coma o blog de Voz Natura, o blog da biblioteca do centro, ou a páxina web. Se pinchades na imaxe poderedes acceder á listaxe dos blogs dos finalistas por categorías e na a parte dereita do blog deixámosvos ademáis os enlaces aos outros nove blogs de centro de toda España que, coma nós, son finalistas.
Agora toca esperar ao día 15 de Maio, data na que se publicarán os tres blogs premiados de entre os 10 que fomos seleccionados.
NORABOA A TODOS OS FINALISTAS!

NOVO BLOG DA BIBLIOTECA!

Xa está en marcha o novo BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP DE SOBRADA!!


Para tod@s os que vos gusta coñecer as novas que ocurren no Ceip de Sobrada, agora, ademáis do blog do cole e o de Voz Natura, tedes á vosa disposición unha nova bitácora onde se colgarán todas aquelas actividades relacionadas coa biblioteca do centro, así como recomendacións de libros e contos, conmemoracións, enlaces interesantes que visitar, etc.
Non vos perdades todas as actividades que se realizaron na biblioteca co gallo do Día do Libro!

Xa podedes visitalo pinchando na imaxe ou ben na que tedes na parte dereita do blog.

LOIS PEREIRO: AS ARMAS DA PAIXÓN

Achegándose o 17 de Maio, data na que a Real Academia da Lingua Galega homenaxea a LOIS PEREIRO, queremos facervos chegar dende aquí información sobre a vida e obra deste autor do Incio. (Tamén podedes visitar a páxina oficial de Lois Pereiro facendo clic na imaxe que tedes na parte dereita do blog)

LOIS PEREIRO: AUTOR HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996, foi un escritor e poeta galego. De familia procedente do Incio, estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresa a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.


Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Xa de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando no mantemento da revista Luzes de Galiza, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da novela Náufragos do Paraíso. En 1983 e 1987 viaxou por Europa e traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema.

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia. Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación do día das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e vasco, xunto cos textos orixinais en galego.

Visita das nenas e nenos de infantil aos Bombeiros

Os Transportes 3 anos

lunes, 2 de mayo de 2011

FLORES RECICLANDO



O alumnado de 1º ciclo realizou estas flores con material de refugallo como papeis de xornal ou botellas de plástico,co gallo do traballo de agricultura levado a cabo nas aulas.

A AGRICULTURA




Traballo feito polo alumnado do 1º ciclo basado na agricultura e na sementeira aproveitando o traballo de aula relacionado cos servicios.