martes, 31 de mayo de 2011

TENIS DE MESA



No pavillón de Sobrada estivemos a cambiar o ruido dos balóns polo ping-pong das pelotas de tenis de mesa xa que xogamos un torneo. Participaron unha chea de colexios de todo Baixo Miño en categorías : benxamins , alevins , infantis e alguns cadetes.
Sabendo que é un dos deportes máis técnicos e dos que hai que pensar a moita velocidade e manterse moi concentrado, cada partido que se vai gañando é unha motivación mais a seguir xogando. Gustounos moito participar e esperamos que para o curso que ven se volva a repetir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario