Mostrando entradas con la etiqueta efemérides.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta efemérides.. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de marzo de 2020

A MULLER NA HISTORIA

Un día coma hoxe, queremos compartir con vós, esta excelente cantiga que "visibiliza a invisibilidade" á que a muller foi sometida nos distintos períodos da historia, sen deixar un momento de seguir adiante, de loitar polo que lle corresponde por dereito. Non somentes somos a metade...SOMOS TODO!

viernes, 9 de noviembre de 2018

10 de novembro: DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO.

As Nacións Unidas designaron este día, para promover que os cidadáns e as cidadás estén informados sobre os avances científicos, creando sociedades máis sostibles, ao tempo que favorece a comprensión sobre a fraxilidade do planeta no que vivimos.

A ciencia, un dereito humano.
 
A celebración neste ano 2018 conmemora o 70º aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en concreto, o dereito á ciencia, como se recolle no artigo 27 da declaración, así como a Recomendación sobre a Ciencia e os Investigadores Científicos. Recoñecer que todo o mundo ten dereito a participar da ciencia e a beneficiarse dela servirá para que se inicie un debate sobre os xeitos  de mellorar o acceso á ciencia e as súas ventaxas para o desenvolvemento sostible do planeta.

OS NENOS E NENAS E A CIENCIA.

Eles e elas son o noso futuro e, ao mesmo tempo, a poboación máis vulnerable e que require dunha constante atención na súa formación. Que contentos estamos de que gocen da e coa ciencia.


Para saber máis deste día