martes, 21 de diciembre de 2021

Mensaxe de Papá Noel

 Papá Noel tamén quiso lembrarse do alumnado que non puido asistir ó centro.

POSTAL NADAL. FELICITACIÓN

 

Estas foron as postais gañadoras do tradicional concurso no que participa todo o alumnado. Noraboa polas vosas  xeniais ideas e creatividade. 

  

BO NADAL!


VISITA PAPÁ NOEL

Hoxe no cole recibimos a ilusionante e máxica visita de Papá Noel e os seus elfos. Todos estabamos moi emocionados!, tróuxonos algunhas novas da súa longa viaxe e animounos moito a continuar sendo bos rapaces. Escoitamos os seus sabios consellos e lle entregamos a carta que estivemos escribindo estes últimos días de cole. Despois de estar un tempo connosco despediuse co alegre  Jo  Jo Jo  e marchou,  xa que  estes días ten moitísimo traballo.  

Ata pronto Papá Noel!!

lunes, 20 de diciembre de 2021

EXPOSICIÓN DE INVERNO

Este é o resultado das maquetas da exposición de inverno realizadas polas familias e o alumnado do noso centro.

Agradecemos o esforzo e creatividade amosada!

Moitas grazas!

ÁRBORE DE INVERNO

Visita a noa entrada do colexio decorada por todos os cursos e ambientada na estación do inverno.

 

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade funcional.

Este foi o resultado da actividade proposta polo Departamento de Orientación do centro.

Obxectovo: Poñer en valor a diversidade das persoas e a riqueza que isto ten, así como a inclusión de todas e todos.

 

 

 

lunes, 29 de noviembre de 2021

CROSS ESCOLAR. XOGADE 1º TRIMESTRE.

Comenzamos a campaña de deporte escolar cunha actividade de campo a través que se desenvolveu nas instalacións do colexio Pedro Caselles de Tomiño. Asistimos toda a clase ó completo de 2ºA, 2ºB e 4ºA e 4ºB. Foi a primeira edición despois de tanto tempo, xa tiñamos gañas de volver a participar!!!, desta vez houbo que axustarse ós protocolos covid polo que tivemos que facer carreiras escalonadas a contrarreloxo e esperar a que correran todas as clases para saber o posto final. Corremos todos moitisimo e moi ben, pero os que chegaronun pouquiño  antes foron os nosos compañeiros de 2ºA. 
 
NORABOA A TODA A CLASE DE 2ºA QUE SE CLASIFICARON EN 3º LUGAR. 
 
Aqui vos deixamos unhas poucas imaxes e vídeos. 
 
CARREIRA 2º A/B e 4ºA/B.
 
 
 
O 25 de novembro  foi  o turno dos cursos de 3ºA/B e 5º, mesmo lugar e circuito adaptado a categoría. Correron tamén de maravilla terminando todos a carreira e conseguindo puntos para a clase. Esta vez aínda que as diferencias entre uns cursos e outros é de segundos os mais rápidos foron os de Altamira. Noraboa a todos pola vosa responsabilidade e boa participación.
 
CARREIRA 3ºA e 3ºB.

 

CARREIRA 5º CURSO

Nesta páxina poderedes atopar información de todo o deporte que se está a facer nos colexios do Baixo Miño, clasificacións, actividades...

                                 https://www.agrudebam.es/

martes, 9 de noviembre de 2021

Ti Si QUE ES UN BO PEIXE. EXCURSIÓN VIRTUAL.


O pasado luns asistimos a actividade "Ti si que es un bo peixe" unha iniciativa da Consellería do Mar dentro do programa fai Clic no teu bocata.

Guiados polas monitoras  recoñecemos o hábitat de cada especie, como se capturan e como se comercializan. Incluso fixemos una subasta de peixe coma se estiveramos na lonxa!!.

Aprendemos que os productos do mar apórtannos moitos nutrientes e que temos que coidar estes recursos mariños.

jueves, 4 de noviembre de 2021

MAGOSTO

Xa celebramos o magosto!! que gañas tiñamos de xuntarnos nunha festa todo o cole. O día estivo espléndido e as catañas... Mmmm, qué ricas recen asadiñas!, que sorte temos cos asadores!!

Despois  coa barriguiña quentiña continuamos xogando a xogos populares. Foi un día moi especial; a primeira celebración xuntos, aínda que gardando distancia de seguridade, despois de tanto tempo. Grazas a todos pola vosas aportacións e axudas.

viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN

Chega o outono tempo de castañas, noces, follas secas, vento e días escuros, comenza o aninovo celta, estamos no Samaín. Na ventosa mañá do venres o cole estivo repleto de meigas, pantasmas, mortos andantes...daban moito medo!!.

Nas aulas  fixeronse  actividades especiais, uns levaron cabazas, outros contaron historias de medo, outros descubriron segredos terroríficos agochados...


Se queres saber máis sobre esta festividade doce cousas sobre o Samaín

miércoles, 29 de septiembre de 2021

PROMOCIÓN BALONMÁN

Nesta semana recibimos a visita de representantes do clube de Balonmán de Tui, achegáronnos no ratiño que estivemos con eles algunhas nocións deste depote e gozamos dun adestramento e xogos dirixidos por Pablo e Luis. Como é unha actividade extraescolar que se levara a cabo neste curso no noso cole, animáronnos a aproveitar esta oportunidade. Moitas grazas pola vosa visita

jueves, 23 de septiembre de 2021

PROMOCIÓN FÚTBOL SALA


 
O Club Deportivo Tui Fútbol Sala visitou hoxe o noso colexio para promocionar o fútbol sala e despertar o noso interese a practicalo nas instalacións do club. Ensináronnos xogos moi divertidos, porque como nos dixo Alba a presidenta do club e tamén adestradora: "sempre é moito mellor aprender xogando". Contounos tamén  que teñen equipos femininos e masculinos en tódalas categorías e animóunos a todos os que queiramos iniciarnos no fútbol sala, a visiralos e probar. Moitas grazas pola vosa visita pasámolo xenial.  
 

 

lunes, 28 de junio de 2021

A MAXIA DO MAGO ZANAS

O martes 22 de xuño, o último día de curso, asistimos ó espectáculo do Mago Zanas que con moito humor e simpatía ninguén quedou a salvo das bromas e sorprendentes trucos de máxia.  Pasámolo xenial!!!

VIDEO FIN DE CURSO 2020-21

Parece mentira pero xa chegou o fin de curso! Aquí tedes un resumo en imaxes do curso 2020-21. ¡¡Pasádeo moi ben!! ¡¡Ata setembro!!

jueves, 24 de junio de 2021

XOGOS POPULARES

Un ano mais clausuramos o curso escolar cos nosos famosos Xogos Populares. Tradicionalmente estes xogos levávanse a cabo nun só día pero este ano, o covid fixo que se asemellaran máis a unhas olimpiadas; unha semana de xogos!! en tódolos ambientes: pavillón, patio...con tódalas especialidades: zancos, bolos, billarda... e con colaboradores especiais, nada menos que o presidente do clube de Bolos Celtas da Rega que ademais agasallounos cun xogo de bolos celtas.

Aínda que gustaríanos estar mais tempo, pasámolo xenial!!. Ata o vindeiro curso, e felices vacacións!!.

viernes, 4 de junio de 2021

CÉ ORQUESTRA PANTASMA CULTURACTIVA

 A semana das LETRAS GALEGAS tamén nos visitou "Cé Orquestra Pantasma", con motivo das Xornadas Culturais e o alumnado e profesorado do centro pasámolo xenial.

VOTÁDELLE UN OLLO AS FOTOS E VEREDES QUE DIVERTIDA FOI A ACTIVIDADE!!!💃😌😊💃


 

LETRAS GALEGAS 2021

 

 No día das Letras Galegas 2021, celebramos o legado de Xela Arias, unha autora comprometida e transgresora que renovou a nosa literatura nos anos 80-90. 

Estade atent@s para ver todo o que fixemos estes días no cole!✌😊

Fixemos unha BÚSQUEDA DO TESOURO, coa cal o alumnado o pasou xenial descifrando códigos QR que contiñan información sobre Xela Arias e manexando a tableta.


 

 

 

viernes, 28 de mayo de 2021

CHARLA CO METEORÓLOGO JOSÉ HIERRO.

O pasado 20 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º asistimos a unha charla por videoconferencia co meteorólogo José Hierro  

Contounos cousas moi interesantes sobre a medición e predicción metereolóxica, o instrumental que empregan, tipos de mapas, rexistros e moitas curiosidades que nin imaxinábamos.

Dende o cole queremos agradecer a Pepe o seu interese por atendernos e mostrarnos a importancia da labor que realizan.

Aquí vos deixamos un anaco da interesante charla de Pepe.

lunes, 17 de mayo de 2021

Letras Galegas en ARVR

 Aquí podedes visualizar un museo adicado á homenaxeada das Letras Galegas deste ano, e tamén algunha imaxe en 3D para visualizar con lentes anaglifas.

Se vos gustan, podedes visitar o blog do 3º ciclo, cabirtas, en onde atoparedes máis creacións sobre as 5 mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas e outras creacións do alumnado.




lunes, 3 de mayo de 2021

VISITA GARDA CIVIL

 

O alumnado de 4º,5º e 6º asistiu este luns a unha charla sobre o acoso e o ciberacoso impartida pola Garda Civil enmarcado no  Plan Director para a prevención de delitos no ámbito escolar en relación co acoso escolar e as novas tecnoloxías.
Os Axentes informaron ós alumnos sobre as consecuencias do acoso escolar e a responsabilidade de todos para combatilo así como o uso responsable das redes sociais e os perigos dun mal uso.

O mércores estas charlas irán dirixidas as familias de alumnos de 5º e de 6º.

miércoles, 21 de abril de 2021

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Con esta publicación queremos compartir un libro "dixital" que  recolle os nosos traballos de investigación  sobre mulleres galegas relevantes  en diferentes ámbitos: artístico, deportívo, científico...

Neste enlace poderás visualizar o resultado das nosas creacións. Esperamos que vos guste!!

https://issuu.com/teacheralfonso/docs/pdf_entero_muller

miércoles, 24 de marzo de 2021

VISITA VIRTUAL DE CRISTINA FERNÁNDEZ

Unha das derradeiras actividades polo día internacional da muller foi a visita virtual de Cristina Fernández que como xa vos comentamos na entrada anterior foi a primeira muller árbitro da selección española de balonmán; UNHA AUTÉNTICA PIONEIRA!
A través da videochamada coñecemos moitos aspectos interesantes do seu historial deportivo e da súa vida.

                                                Aquí vos deixamos parte da videochamada.

martes, 9 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Co motivo do día internacional da muller, 8 de marzo, estamos realizando diversas actividades a nivel de aula e cole para reflexionar sobre a necesaria igualdade entre homes e mulleres.

Este ano quixemos facer visibles mulleres galegas con grandes logros en diversos ámbitos: cultural, científico, deportivo.. a modo simbólico fomos enchendo unha árbore cos nosos traballos de investigación sobre elas. 


Próximamente poderás gozar destas creacións neste blogue.

Outras das actividades programadas para esta semana son varias charlas con mulleres que nos falarán da súa experiencia laboral dende diferentes ámbitos.

O lúns asistimos a unha videochamada con María Herrero, Técnico Superior de Laboratorio. Na actualidade traballa como analista de laboratorio nunha das maiores empresas farmacéuticas do mundo.

 
Durante esta semana contaremos coas videochamadas de:
 
Pilar Regueiro
, farmacéutica,  traballa nunha multinacional farmacéutica. Actualmente é directora de proxectos de investigación de novos medicamentos.
 Cristina Fernández, árbitro internacional de balonmán, a primeira muller en pitar na máxima categoría do balonmán español.

CRISTINA FERNÁNDEZ PIÑEIRO 

jueves, 25 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro festexamos o que sería o aniversario de Rosalía de Castro. Poeta galega que naceu un 24 de febreiro do ano 1837, en Conxo, Santiago de Compostela.

Hoxe celebramos con orgullo que unha muller coma Rosalía de Castro foxe unha muller galega. Hoxe poñemos en valor a través da súa figura e das súas verbas a cultura da nosa terra.

Clica no enlace para ver o vídeo e escoitar aos reporteiros e reporteira da clase de 5º de primaria que durante varias semanas fixeron un traballo de recollida de información, sintetizando e redactando o traballo que agora comparten con todas e todos vos.

Emisión de radio na escola Rosalía de Castro


                                          

viernes, 12 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 Xa chegou o Entroido! Anunciamos que chegou o Entroido, malia que seguro que non precisábamos facelo, porque todos nós levamos un pouquiño de entroido dentro e encanto se achegan estas datas, xa estamos maquinando que nos pedirá o meco este ano, con que galas nos sorprenderán os nosos mestres o gran día... e ainda que nestes tempos que estamos vivindo todo é diferente, raro, o Entroido é o Entroido e podemos asegurar que a todos vos vai a arrincar un soriso o seguinte video.

Disfrutade estos días con sentidiño!! 

miércoles, 10 de febrero de 2021

ORDE DO XOVES

Para o xoves este MECO  trangalleiro ordea vir en PIXAMA cómodos e quentiños...


 


martes, 9 de febrero de 2021

ORDE DO MÉRCORES

 ESTE MECO É UN TRAPALLEIRO!! PARA  MAÑÁ ORDEA VIR CON CALCETÍNS...POR RIBA DOS PANTALÓNS!!



lunes, 8 de febrero de 2021

ORDE DO MECO PARA O MARTES

 ESTO É O QUE ORDEA O MECO PARA O MARTES, VINDE GUAPIÑOS!!


viernes, 5 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO: ORDE DO MECO PARA O LUNS 8

Coma todos os anos por estas datas de Entroido, o Meco chegou ao noso colexio!! Aquí tedes a ORDE DO MECO para este luns día 8 de febreiro: