jueves, 30 de junio de 2022
RECOMPILATORIO DE ACTIVIDADES REALIZADAS AO LONGO DO CURSO
FESTA DA AUGA
Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos todas e todos na Festa da Auga de fin de curso.
miércoles, 29 de junio de 2022
XORNADA DE CONVIVENCIA ANPA
Tamén puidemos disfrutar dunha exhibición da actividade de Lingua de Signos.
Let Your Computer Works For You : https://bit.ly/money_crypto
XORNADA DE CONVIVENCIA ANPA
Aquí podedes ver unha mostra da exhibición da actividade de patinaxe que fixeron no colexio.
martes, 28 de junio de 2022
SESIÓN DJ EN SOBRADA
FLASHMOB NO ÚLTIMO DÍA DE CLASE
Neste curso fixémonos uns expertos en compartir bailes pero preparados cada un pola súa conta. O resultado ó xuntarnos é moi divertido e máis no último día de clase con tantas emocións, é unha boa despedida.👌
XOGOS POPULARES 2022
No último día do curso un ano máis o alumnado de sexto foi o encargado de organizar e de ensinar os xogos ós máis pequenos. Que ben o fixeron! xa que pasámolo a lo grande. Grazas pola vosa paciencia.
ATLETISMO EN PAVILLÓN
O xoves 16 de xuño o alumnado de 3º e 4º curso celebramos actividade de atletismo en pavillón por equipos. Contamos coa axuda dos compañeiros de 5º que colaboraron como xuices e axudantes de pista.
As probas foron: 100m, multisaltos 30 en segundos, lanzamentos de vortex e balón, salto de lonxitude e carreiras de relevos.
A xornada transcurreu cun gran espititu deportivo e entusiasmo.
TURONIA 2022
Despois dun parón de dous anos regresou o Turonia, tan ben acollido coma sempre. Mantiveronse todas as actividades salvo a da acampada pola noite por protocolos covid.
Durante dous intensos días os alumnos de 6º dos colexios de Barrantes, Caselles e Sobrada non paramos de percorrer os camiños de Tomiño a pé e en bicicleta.
O segundo día tocoulle o turno as bicicletas para cubrir unha ruta dende Ceip de Barrantes ata o embarcadoiro de Goián onde gozamos da experiencia de montar en piragüa grazas a axuda do club deportivo os Teixugos.
Esta mega actividade non poderia realizarse sen a axuda económica e persoal de moitas persoas e entidades; agradecemos a ANPA de Sobrada que aportou a merenda dos dous días, as Comunidades de Montes pola súa aportación económica para a compra das camisetas ao concello de Tomiño, persoal de protección civil, ciclistas axudantes a María polo deseño das camisetas, profesores, pais e nais e tódalas persoas que fixeron posible un ano máis manter esta actividade única.
Ata o vindeiro ano!