jueves, 28 de noviembre de 2013

CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR DE MOS


O vindeiro sábado 30, terá lugar a carreira de  campo a través escolar que este ano se celebrará en Mos.
Neste enlace poderedes atopar toda a información relativa a este evento: como chegar, horarios carreiras, circuitos...

                        agrudebam



Esperamos que disfrutedes desta xa tradicional xornada de inverno e que vos animedes a participar nos vindeiros anos.
                        Vémonos en Mos!!

domingo, 24 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro foi declarado Día Internacional contra a violencia cara á muller no 1º Encontro Feminista de Latinoamérica celebrado en Colombia en xullo de 1981.
Neste encontro, as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados, incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.
Elixiuse este día para conmemorar o violento asasinato das irmáns MIRABAL, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.
Voltamos de novo a conmemorar esta desgraciada data porque, a pesar das leis e das continuas campañas para previlo, seguen aumentando cada ano que pasa, o maltrato e as mortes das mulleres a mans das súas parellas.  No Ceip de Sobrada queremos conmemorar esta data dun xeito especial e sensibilizarnos con este tema tan preocupante. XUNTOS PODEMOS!!
Acontinuación, deixámosvos unha selección de cancións alusivas ao tema contra o maltrato:

jueves, 21 de noviembre de 2013

XORNADA DE ATLETISMO


Agardamos  moi   emocionados  a celebración  da  xornada  de  atletismo. Celebrouse  nas  pistas  de  atletismo de  a  A  Macoca, participamos todos los  alumnos  de 4º  dos  colexios  de Tui  e de Tomiño,e foi xenial!!!.Preto  de douscentos nenos e nenas!!!.
 As  probas  foron: 50m. valados, 50m.l.,  150m.l., 400m.l., relevos 4x100m.l. e tamén os concursos  de  salto  de  altura,   salto de  lonxitude. Animounos  gañar  tantas  probas  e o que máis  nos  gustou  foi a  proba de relevos que  non esperabamos  gañala  tanto no  equipo feminino coma no masculino, e tamén  gustounos  o tartan  brandiño  da  pista.

Atletismo 2013 from Melisa Riveiro on Vimeo.
O noso agradecemento a profe Melisa por sacarnos estas fotos.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Peóns na aula de 4 anos

Tamén elaboramos un con tiras de papel e un palillo.



Peóns na aula de 4 anos




Elaboración de peóns na aula de 4 anos

Na aula de 4 anos celebramos o día do peón creando uns con tapóns e palillos. Quedaron moi chulos e fixémolos danzar.