domingo, 24 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro foi declarado Día Internacional contra a violencia cara á muller no 1º Encontro Feminista de Latinoamérica celebrado en Colombia en xullo de 1981.
Neste encontro, as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados, incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.
Elixiuse este día para conmemorar o violento asasinato das irmáns MIRABAL, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.
Voltamos de novo a conmemorar esta desgraciada data porque, a pesar das leis e das continuas campañas para previlo, seguen aumentando cada ano que pasa, o maltrato e as mortes das mulleres a mans das súas parellas.  No Ceip de Sobrada queremos conmemorar esta data dun xeito especial e sensibilizarnos con este tema tan preocupante. XUNTOS PODEMOS!!
Acontinuación, deixámosvos unha selección de cancións alusivas ao tema contra o maltrato:

No hay comentarios:

Publicar un comentario