jueves, 28 de noviembre de 2019

DÍA DO BO TRATO

Este luns 25 de novembro, coincidindo co DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, realizamos unha actividade que resultase significativa para o noso alumnado. Traballamos o vocabulario e as accións positivas cara aos demáis e cara a nós mesmas.
Fixémolo así, porque sabemos e queremos que toda a comunidade educativa comparta esta idea con nós: A MELLOR ACCIÓN É A PREVENCIÓN.
Os nosos nenos e nenas son o futuro e temos que ofrecerlles un mundo un pouco mellor para que eles e elas consigan cambialo. PALABRAS E ACCIÓNS.

 En 3º e 4º de primaria, levamos a cabo unha dinámica de cohesión da APRENDIZAXE COOPERATIVA chamada "MUNDO DE CORES". Consistíu en decatarnos da importancia que ten aceptar ás persoas tal e como son e non excluílas. Despois puidemos expresar os nosos sentimentos e falar das nosas relacións cos compañeiros e compañeiras, na familia...NA COMUNIDADE!

SEGUIMOS COA SEMANA DA CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA! TODO UN ÉXITO!

Estamos moi felices de comprobar como ao noso alumnado lle rechiflan os experimentos. Estes días, o recibidor do cole está a ser un fervedoiro de nenos e nenas que queren...FACER, MANIPULAR, OBSERVAR! PORQUE A EXPERIENCIA, O VIVIDO É A MELLOR DAS APRENDIZAXES!

Se o martes comezou a profe Mabel (E.I de 3 anos) cun experimento, do que podedes ver a entrada neste blog, onte, a encargada foi a profe Isa (2º de E.P). Alucinamos, porque fixo que un globo medrase soíño...Si, si, como o escoitades e informarvos de que esta mañá continuaba ben cheo!
O truco...Pois: bicarbonato e vinagre. Maxia, maxia!
Hoxe, as monitoras foron a profe Carolina (Audición e Linguaxe) e a profe Míriam (E.I de 4 anos).
Carolina fixo un experimento con xeo e sal, despois tivemos que pescar cun fío un cubiño de xeo. Moi curiosa foi a cousa!
Míriam ensinounos a facer unha lámpada de lava e tamén fixo maxia coas cores e o aceite. Precioso.
Bueno, mañá máis. Esperámosvos na entrada do colexio. Vémonos!

CANTO APRENDIMOS SOBRE ARQUEOLOXÍA!


A visita de Ángel Acuña Piñeiro foi increíble. Involucrouse con nós un montón, amosando ser un gran comunicador. Nótase que o seu traballo apaixónalle.
Mostrounos as ferramentas que emprega, a roupa que se ten que poñer, pezas de algunhas excavacións...

Tivo tanta paciencia que ata creou unha pequena excavación para que víramos o coidado e delicadeza coa que estes e estas profesionais, teñen que levar a cabo o seu traballo.

Todo o alumnado e profesorado quedamos impresionados e...Non é por nada! Pero agardamos volver a verte pronto.

RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DO PASADO

Isto aos máis pequenos encantaralles!

Para coñecer a evolución do ser humano, isto para máis grandiños!

Este curso, para traballar a evolución, teremos un compañeiro inseparable. Sabedes de quen se trata?...

A TEORÍA DE CHARLES DARWIN.

ORIXE E EVOLUCIÓN DOS ORGANISMOS

VISITA DUN ARQUEÓLOGO

Xa estamos outra vez quentando motores, na nosa biblioteca, para recibir a visita dun novo experto que nos axude a coñecer algúns datos máis sobre o noso PDI.
Neste caso trátase do avó dun neno e unhas nenas do colexio: Ángel Acuña Piñeiro. El é un profesional da arqueoloxía, con moitos anos de experiencia e que dirixe a empresa ADRO ARQUEOLÓXICA.
Investigando, investigando...Averiguamos que, un dos traballos que realizou, foi a excavación dunha SALINAE (espazo para a salgadura) de orixe romana, que está localizada en Vigo, concretamente na rúa Rosalía de Castro. Tamén soubemos que ten realizado moitas investigacións noutros lugares de Galicia.
Mañá todos os nenos e nenas, tamén o profesorado, teredes ocasión de escoitar todo o que nos conta sobre o seu apaixonante traballo. Vémonos!

COVAS E SERPES

As lendas forman parte do noso patrimonio e moitas son as que acompañan a...A persoaxe da historia que teremos a ocasión de coñecer o próximo venres!

Para ter máis pistas da protagonista, deixamos un par de refráns.
Anque non me piquen,/ eu hei de picar,/ como son filla do demo/ todos me han de matar.

Unha señora deitada nun prado,/ vestida de pano labrado;/ nin era pano, nin era seda,/ e, o que a ve, pasmado se queda.

A nosa serpe ten nome propio, chámase "Silvana" e a trae na cabeza e no corazón o noso primeiro padriño, Alberto Romero "Romer".

El xa é un amigo para o noso colexio, achégase por cuarta vez (cursos 2014/2015-2015/2016-2018-2019), coa xenerosidade que o caracteriza, para amosarnos os seus coñecementos e amor polo patrimonio, a natureza, o saber popular, os libros...Será unha xornada ben fermosa na que tamén falará da súa experiencia persoal á hora de meterse nunha cova, co gupo de arqueoloxía "MAÚSO".

Non o esquezades, temos unha cita este venres na biblioteca con Romer e Silvana.
Alberto Romero Rodríguez, coñedido co alcume de Romer, é un home sabedor e "facedor" de moitas cousas. É un escultor (talla madera e pedra), pintor, guía e recuperador dos muíños do río Tripes, escritor de dous libros "Dende o Monte Aloia" e "Aloianos". Tamén é músico e ten feito de actor amateur e guionista. Sobre todo é humilde e amigo da rapazada. Tedes unha boa oportunidade de coñecelo.
Aquí deixamos un vídeo da Asociación dos Muíños do río Tripes, na que podedes ver a faceta de divulgador e conservador do patrimonio do noso convidado.

martes, 26 de noviembre de 2019

SEMANA DA CIENCIA

Estamos no "Mes da Ciencia en Galego".
Durante a última semana de novembro, na hora do recreo, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo diversos experimentos.
Hoxe, a profe Mabel (Ed.Infantil 3 anos), amosounos como romper a tensión superficial da auga. Foi...ALUCINANTE!

lunes, 25 de noviembre de 2019

ALMORZOS SAUDABLES


O pasado 13 e 14 de novembro recibimos unha charla sobre alimentación saudable. Contáronnos a importacia que tiña para o noso desenrolo ter unha alimentación san e equilibrada e cómo tiña que ser.
Sen dúbida,  o mellor foi a parte práctica, o momento do almorzo! completísimo con: ovos, zume, leite, pan e xamón. Aprendimos algo moi importante: que a mellor dieta para medrar sans e fortes é a variada.


Tamén puxemos en práctica antes e despois de comer boas prácticas de hixiene.

CAMPO A TRAVÉS

O pasado 15 de novembro o recinto escolar do CEP Pedro Caselles acolleu a segunda edición de cross escolar por aulas o clases,promovido pola Consellería de Educación e organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño, AGRUDEBAM. 
Unha esplendida mañá que reuníu a escolares dos cursos de 2º,3º e 4º de primaria de todos os colexios do Baixo Miño para vivir e compartir cos compañeiros da aula a experiencia de correr en grupo e conseguir co esforzo de todos unha boa carreira, sen olvidar que o principal obsectivo e a participación.


 Unha semana despois os que quixeron, repetiron experiencia no cross escolar zonal do sábado 23, desta vez a participación foi menor polos diversos compromisos en outras actividades de fin de semana, sendo o entusiasmo, esforzo e paisón o denominador común das dúas xonadas.

Agradecer a presenza das familias que animaron moitísimo ós pequenos, agradecer tamén ós diversos axudantes: profesores, pais e voluntarios..que axudaron a que todo saíra perfecto.
                              Noraboa a todos e todas polo voso esforzo! 
Xa temos os resultados e as clasificacións na web de AGRUDEBAM; xa sabemos que 5 nenos e nenas do colexio, lograron clasificación para a fase provincial que se celebrará en febreiro. 

jueves, 21 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Despois de días e días nos que a choiva non deu tregua, por fin puidemos desfrutar do noso magosto anual! malia non poder celebralo no monte Aloia, como ven sendo tradicional, fixemos o noso pequeno magosto no que nos faltou o esencial, as ansiadas castañas asadas! Tras a degustación, profes e alumnos tivemos o noso momento de lecer participando en diferentes xogos tradicionais.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

DEPORTE ESCOLAR



Preparade as zapatillas para correr! O vindeiro xoves 14 de novembro, comenza a campaña de Deporte Escolar coa carreira  de campo a través por equipos.
Xuntarémonos no CEP Pedro Caselles todos os nenos dos colexiós do Baixo Miño que estén cursando 2º, 3º e 4º de primaria.
Puntuaremos como clase, sumando o esforzo de todos.
Podedes seguir toda a información sobre a carreira  no seguinte enlace: AGRUDEBAM