viernes, 20 de diciembre de 2019

A nosa compra!


Onte o alumnado de 5º de primaria fixemos a compra de alimentos para unha cea especial para estas festas.



Utilizamos diferentes revistas para buscar as mellores ofertas, xa que cada alumno e alumna so tiña vinte euros para gastar.



Esperamos que vos guste as nosas compras!

jueves, 19 de diciembre de 2019

TALLERES EN 3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Durante este trimestre, o alumnado do 2º ciclo de E.P, aproximouse ao mundo da arte dende diferentes técnicas artísticas. O contido xirou en torno ao tema transversal deste ano académico, abordando cuestións que abarcaron diversas áreas: a orixe do universo e a vida no planeta Terra, os rastros que deixan os seres vivos, elementos do espazo, a vida e a arte dos primeiros seres humanos, como decoraban na Idade Antiga, como bailaban, como facían música...É un auténtico torbellino de ideas que en ocasións fainos voar...Pero merece a pena!

Deixámosvos algunhas imaxes do que deron de si. Faltan moitos traballos, pero á volta de vacacións prometemos completar esta publicación. Esperamos que vos guste!

Un neno de 4º dixo un día unha frase ben interesante: A IMAXINACIÓN É A NOSA INSPIRACIÓN! Podémonos aplicar o conto!

FELICITACIÓN NADAL




CONCURSO POSTAIS NADAL

Como ven sendo tradición, coa chegada das vacacións de Nadal no noso centro celebramos un concurso de postais.  A temática común de todas elas esta relacionada co  proxecto que estamos traballando neste curso.
Entre todas elas, foi difícil, quedaron seleccionadas en cada ciclo as seguintes:

LUCIA S. 5 anos
ALEX 1ºA
VICTOR 4º
IRIA 6ºA


Aqui podedes ver todas as potais que están expostas na entrada do colexio



EXPOSICIÓN DE INVERNO


Un ano máis ten lugar a proposta de traballos para realizar en familia nestas datas tan especiais e un ano máis...QUEDAMOS ABRAIADOS E ABRAIADAS! Que desenvolvemento da creatividade, que xeito de poñer en práctica os coñecementos adquiridos, que motivación! Necesítase un bo rato para observar detidamente todos estes alucinantes traballos. Convidámosvos a todos e a todas a visitar esta fermosa e educativa exposición na que se pon en práctica unha efectiva colaboración familia e escola. As maquetas están instaladas nois corredores da planta baixa do colexio. ESPERÁMOSVOS!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

EN NOVEMBRO OS PEÓNS AO CAMIÑO!

Un ano máis este xogo tradicional que se mantén e atopa renovacións, en diferentes tipos de materiais e xeitos de facelos bailar, saíu ao noso patio escolar. O alumnado tivo ocasión de, uns amosar as súas habilidades e outros achegarse a el e facelo brincar, aproveitamos e  fixemos un concurso de rodar trompos e o de Anxo de 6º foi o que aguantou máis. A escola ten que fomentar que estes xeitos de brincar perduren no tempo e...Así o intentamos. Deixámosvos unhas imaxes para que vexade como foi.

sábado, 14 de diciembre de 2019

DEPORTE ESCOLAR. DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

O pasado 10 de decembro iniciamos a liga de dinamización intercentros, acercámonos ata Tui e xogamos co Ceip Nº2. Desta vez participamos os cursos de 6ºB e de 4º.
Unha xornada na  xogamos a  varios deportes como o balonmán, fútbol, bádminton, voleibol e baloncesto. Tivemos que organizarnos e formar os equipos e tamén  prepararnos  para as arbitraxes.
Foi unha xornada fantástica e moi deportiva, que estamos desexando que se volva a repetir.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

As células

As células das nenas e nenos de 5º E.P.
No mes de outubro o alumnado de 5º elaborou coa axuda das súas familias as células vexetais e animais. O mellor de todo é que eran comestibles!  Estaban feitas de gominolas de diferentes cores e sabores.



jueves, 28 de noviembre de 2019

DÍA DO BO TRATO

Este luns 25 de novembro, coincidindo co DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, realizamos unha actividade que resultase significativa para o noso alumnado. Traballamos o vocabulario e as accións positivas cara aos demáis e cara a nós mesmas.
Fixémolo así, porque sabemos e queremos que toda a comunidade educativa comparta esta idea con nós: A MELLOR ACCIÓN É A PREVENCIÓN.
Os nosos nenos e nenas son o futuro e temos que ofrecerlles un mundo un pouco mellor para que eles e elas consigan cambialo. PALABRAS E ACCIÓNS.

 En 3º e 4º de primaria, levamos a cabo unha dinámica de cohesión da APRENDIZAXE COOPERATIVA chamada "MUNDO DE CORES". Consistíu en decatarnos da importancia que ten aceptar ás persoas tal e como son e non excluílas. Despois puidemos expresar os nosos sentimentos e falar das nosas relacións cos compañeiros e compañeiras, na familia...NA COMUNIDADE!

SEGUIMOS COA SEMANA DA CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA! TODO UN ÉXITO!

Estamos moi felices de comprobar como ao noso alumnado lle rechiflan os experimentos. Estes días, o recibidor do cole está a ser un fervedoiro de nenos e nenas que queren...FACER, MANIPULAR, OBSERVAR! PORQUE A EXPERIENCIA, O VIVIDO É A MELLOR DAS APRENDIZAXES!

Se o martes comezou a profe Mabel (E.I de 3 anos) cun experimento, do que podedes ver a entrada neste blog, onte, a encargada foi a profe Isa (2º de E.P). Alucinamos, porque fixo que un globo medrase soíño...Si, si, como o escoitades e informarvos de que esta mañá continuaba ben cheo!
O truco...Pois: bicarbonato e vinagre. Maxia, maxia!
Hoxe, as monitoras foron a profe Carolina (Audición e Linguaxe) e a profe Míriam (E.I de 4 anos).
Carolina fixo un experimento con xeo e sal, despois tivemos que pescar cun fío un cubiño de xeo. Moi curiosa foi a cousa!
Míriam ensinounos a facer unha lámpada de lava e tamén fixo maxia coas cores e o aceite. Precioso.
Bueno, mañá máis. Esperámosvos na entrada do colexio. Vémonos!

CANTO APRENDIMOS SOBRE ARQUEOLOXÍA!


A visita de Ángel Acuña Piñeiro foi increíble. Involucrouse con nós un montón, amosando ser un gran comunicador. Nótase que o seu traballo apaixónalle.
Mostrounos as ferramentas que emprega, a roupa que se ten que poñer, pezas de algunhas excavacións...

Tivo tanta paciencia que ata creou unha pequena excavación para que víramos o coidado e delicadeza coa que estes e estas profesionais, teñen que levar a cabo o seu traballo.

Todo o alumnado e profesorado quedamos impresionados e...Non é por nada! Pero agardamos volver a verte pronto.

RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DO PASADO

Isto aos máis pequenos encantaralles!

Para coñecer a evolución do ser humano, isto para máis grandiños!

Este curso, para traballar a evolución, teremos un compañeiro inseparable. Sabedes de quen se trata?...

A TEORÍA DE CHARLES DARWIN.

ORIXE E EVOLUCIÓN DOS ORGANISMOS

VISITA DUN ARQUEÓLOGO

Xa estamos outra vez quentando motores, na nosa biblioteca, para recibir a visita dun novo experto que nos axude a coñecer algúns datos máis sobre o noso PDI.
Neste caso trátase do avó dun neno e unhas nenas do colexio: Ángel Acuña Piñeiro. El é un profesional da arqueoloxía, con moitos anos de experiencia e que dirixe a empresa ADRO ARQUEOLÓXICA.
Investigando, investigando...Averiguamos que, un dos traballos que realizou, foi a excavación dunha SALINAE (espazo para a salgadura) de orixe romana, que está localizada en Vigo, concretamente na rúa Rosalía de Castro. Tamén soubemos que ten realizado moitas investigacións noutros lugares de Galicia.
Mañá todos os nenos e nenas, tamén o profesorado, teredes ocasión de escoitar todo o que nos conta sobre o seu apaixonante traballo. Vémonos!

COVAS E SERPES

As lendas forman parte do noso patrimonio e moitas son as que acompañan a...A persoaxe da historia que teremos a ocasión de coñecer o próximo venres!

Para ter máis pistas da protagonista, deixamos un par de refráns.
Anque non me piquen,/ eu hei de picar,/ como son filla do demo/ todos me han de matar.

Unha señora deitada nun prado,/ vestida de pano labrado;/ nin era pano, nin era seda,/ e, o que a ve, pasmado se queda.

A nosa serpe ten nome propio, chámase "Silvana" e a trae na cabeza e no corazón o noso primeiro padriño, Alberto Romero "Romer".

El xa é un amigo para o noso colexio, achégase por cuarta vez (cursos 2014/2015-2015/2016-2018-2019), coa xenerosidade que o caracteriza, para amosarnos os seus coñecementos e amor polo patrimonio, a natureza, o saber popular, os libros...Será unha xornada ben fermosa na que tamén falará da súa experiencia persoal á hora de meterse nunha cova, co gupo de arqueoloxía "MAÚSO".

Non o esquezades, temos unha cita este venres na biblioteca con Romer e Silvana.
Alberto Romero Rodríguez, coñedido co alcume de Romer, é un home sabedor e "facedor" de moitas cousas. É un escultor (talla madera e pedra), pintor, guía e recuperador dos muíños do río Tripes, escritor de dous libros "Dende o Monte Aloia" e "Aloianos". Tamén é músico e ten feito de actor amateur e guionista. Sobre todo é humilde e amigo da rapazada. Tedes unha boa oportunidade de coñecelo.
Aquí deixamos un vídeo da Asociación dos Muíños do río Tripes, na que podedes ver a faceta de divulgador e conservador do patrimonio do noso convidado.

martes, 26 de noviembre de 2019

SEMANA DA CIENCIA

Estamos no "Mes da Ciencia en Galego".
Durante a última semana de novembro, na hora do recreo, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo diversos experimentos.
Hoxe, a profe Mabel (Ed.Infantil 3 anos), amosounos como romper a tensión superficial da auga. Foi...ALUCINANTE!

lunes, 25 de noviembre de 2019

ALMORZOS SAUDABLES


O pasado 13 e 14 de novembro recibimos unha charla sobre alimentación saudable. Contáronnos a importacia que tiña para o noso desenrolo ter unha alimentación san e equilibrada e cómo tiña que ser.
Sen dúbida,  o mellor foi a parte práctica, o momento do almorzo! completísimo con: ovos, zume, leite, pan e xamón. Aprendimos algo moi importante: que a mellor dieta para medrar sans e fortes é a variada.


Tamén puxemos en práctica antes e despois de comer boas prácticas de hixiene.

CAMPO A TRAVÉS

O pasado 15 de novembro o recinto escolar do CEP Pedro Caselles acolleu a segunda edición de cross escolar por aulas o clases,promovido pola Consellería de Educación e organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño, AGRUDEBAM. 
Unha esplendida mañá que reuníu a escolares dos cursos de 2º,3º e 4º de primaria de todos os colexios do Baixo Miño para vivir e compartir cos compañeiros da aula a experiencia de correr en grupo e conseguir co esforzo de todos unha boa carreira, sen olvidar que o principal obsectivo e a participación.


 Unha semana despois os que quixeron, repetiron experiencia no cross escolar zonal do sábado 23, desta vez a participación foi menor polos diversos compromisos en outras actividades de fin de semana, sendo o entusiasmo, esforzo e paisón o denominador común das dúas xonadas.

Agradecer a presenza das familias que animaron moitísimo ós pequenos, agradecer tamén ós diversos axudantes: profesores, pais e voluntarios..que axudaron a que todo saíra perfecto.
                              Noraboa a todos e todas polo voso esforzo! 
Xa temos os resultados e as clasificacións na web de AGRUDEBAM; xa sabemos que 5 nenos e nenas do colexio, lograron clasificación para a fase provincial que se celebrará en febreiro. 

jueves, 21 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Despois de días e días nos que a choiva non deu tregua, por fin puidemos desfrutar do noso magosto anual! malia non poder celebralo no monte Aloia, como ven sendo tradicional, fixemos o noso pequeno magosto no que nos faltou o esencial, as ansiadas castañas asadas! Tras a degustación, profes e alumnos tivemos o noso momento de lecer participando en diferentes xogos tradicionais.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

DEPORTE ESCOLAR



Preparade as zapatillas para correr! O vindeiro xoves 14 de novembro, comenza a campaña de Deporte Escolar coa carreira  de campo a través por equipos.
Xuntarémonos no CEP Pedro Caselles todos os nenos dos colexiós do Baixo Miño que estén cursando 2º, 3º e 4º de primaria.
Puntuaremos como clase, sumando o esforzo de todos.
Podedes seguir toda a información sobre a carreira  no seguinte enlace: AGRUDEBAM





miércoles, 23 de octubre de 2019

EXCURSIÓN DE 3º e 4º de E.P a A GUARDA. A nosa primeira saída do curso!

Aproveitando que hoxe non chovía achegámonos pola mañá ata o concello de A Guarda, co fin de ter unha experiencia máis cercana co que estamos a aprender neste momento: A Prehistoria.

Visitamos o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega) e a CITANIA, para coñecer máis aspectos da vida nos castros.

Antes desta actividade, acudimos a uns talleres. Os de 3º a un de olería, no que puidemos realizar unha pequena peza de barro seguindo o xeito de como o facían na antigüidade.
Os de 4º, puidemos aprender como tallaban os bifaces. Observamos como eran moitos dos útiles que empregaban na Prehistoria e puidemos comprobar por nós mesmos como con "sílex" e unha peza de ferro...Saltan chispas!
O monitor, Manolo Ledo, tivo moita paciencia con nós. Case todos fumos intentando sacarlle "lascas" a un seixo. Trouxemos para o cole unha peza biface. Nestes días faremos algún traballiño que temos pensado amosarvos. Ata a próxima!

A continuación podedes ver cómo se construía un utensilio para cortar a carne, a pel...segundo o uso que se lle quería dar tiña unha forma,  vedes que  non é nada doado!!

COMO SE FAI UN BIFACE


jueves, 17 de octubre de 2019

QUE SEI SOBRE A ARQUEOLOXÍA?

Durante o mes de setembro, en 4º de E.P realizamos un traballiño para poñer en común o que nós sabíamos sobre a arqueoloxía.
Escribimos sobre este tema e despois plasmamos as nosas ideas en murais feitos por equipos.
A actividade está baseada no "TEST DART", que é un xeito de coñecer as ideas que temos e tratar de comentar algunhas cuestións que pensamos sobre a arqueoloxía. É o noso punto de partida.
A estas alturas do curso xa sabemos moitas máis cousas, pero é curioso observar o que coñecíamos ao principio.

Tiñamos claro que estaba relacionado con "cousas de fai moitos anos", pero tamén aparecían polo medio os dinosaurios. Despois enterámonos que o ser humano e estes animais nunca conviviron.
Tamén había quen confundía arqueoloxía e ecoloxía, agora xa comprendemos as diferenzas.
Tiñamos claro que ser arqueólogo ou arqueóloga supón un traballo de excavación en moitos momentos.
Tras todas estas conclusións, comezamos a pensar no que queríamos aprender. Aquí tedes algunhas das nosas inquedanzas:
Bueno, hai moitísimas máis preguntas. Queda todo o curso! Isto é o principio!