Por oitavo ano consecutivo, dende Brinquedia promóvese no territorio galego a celebración do Día do Peón baixo o lema Polo San Martiño, peóns ao camiño.
O cole de Sobrada quere sumarse a esta iniciativa levando a cabo actividades relacionadas co peón.
ligazóns de interese
MANIFESTO DÍA DO PEÓN 2012
Canto para bailar o peón
Espile, rapaz, chegou o tempo:
do seu adurmiño
esperta o brinquedo.
Corre, rapaza, vai ao faiado
lonxe quedou
o San Amaro
Espreguiza, rapaz, toca xogar
a túa habelencia
ven amosar.
Bule, rapaza, o xogo é sinxelo
na cunca da man
acubilla o enredo.
Axiña, rapaz, envolve o peón
viste a buxaina
da capa ao ferrón.
Vamos, rapaza, arrólalle a corda
ponlle a baraza
envolve a piola.
Adiante, rapaz, xa é tempo
ergue esa brazo
moi preto do ceo.
Sen presa, rapaza, contén o alento
baila ese trompo
lánzao con tento.
Imos, rapaz, báilao a xeito
unha volta tras outra
que xire un bo treito.
Dálle, rapaza, xa é San Martiño
o teu peón
lanza ao camiño!
Agustín Agra. Noia, Novembro de 2012
jueves, 8 de noviembre de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario