sábado, 26 de marzo de 2011

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS


Continúa aberto o prazo de solicitudes para as actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado de sexto de primaria no ano 2011.
As actividades de formación en inglés para o alumnado de sexto de primaria desenvolveranse en centros residenciais da nosa comunidade autónoma no próximo verán.
Levaranse a cabo actividades de formación lúdicas e deportivas que promovan a socialización e aprendizaxe activa do idioma.
Estarán impartidas por profesorado nativo e monitores acreditados en linguas estranxeiras.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 11 de abril do 2011.
Aquí vos deixamos algúns enlaces en onde podedes adquirir máis información:

PÁXINA DA XUNTA

DOG

MÁIS INFORMACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario