miércoles, 25 de marzo de 2009

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO


Este é o segundo ano que se celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo como unha reacción á elevada incidencia do autismo nos nenos/as de todo o mundo.
Trátase dun trastorno no desenrrolo do cerebro que comeza antes dos tres anos e que deteriora a comunicación e interacción social dos afectados causando un comportamento restrinxido e repetitivo.

Principais síntomas:

* Déficits na interacción social.
* Problemas serios na linguaxe comunicativa verbal e non verbal.
* Non son capaces de usar xoguetes para xogo simbólico ou imaxinativo.
* Comportamentos repetitivos ou estereotipados.


Este día incentiva a tódolos países membros a tomar as medidas axeitadas para aumenta-la conciencia sobre o autismo na sociedade e a realizar diagnósticos e intervencións precoces.




Ligazóns:
www.madresparacambiarlascosas.blogspot.com
www.hablapormidiceiago.blogspot.com
www.videotecautista.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario