lunes, 31 de diciembre de 2012

SORPRESA DOS NEN@S DE 2º

O penúltimo día antes das vacacións de nadal, o alumnado de 2º de Primaria coas súas mestras ELENA e Mª JOSÉ visitaron a aula de 4 anos para darlles unha sorpresa marabillosa. Dos 31 nenos que alí foron, 13 puideron rememorar os tempos nos que eles estiveron en infantil, xa que voltaron á que fora a súa aula. Todos se portaron estupendamente. Os maiores recitaron unha fermosa poesía utilizando todas as letras do abecedario e os peques quixeron corresponderlles cantando e bailando unha panxoliña. Ademais houbo agasallos para todos!
GRACIÑAS POR ESTA SORPRESA TAN ESPECIAL! 
FOI MOI EMOCIONANTE E INESQUECIBLE! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario