viernes, 8 de junio de 2012

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 O 8 de xuño celébrase o Día Internacional dos Océanos.
Hai que lembrar que dúas terceiras partes do planeta Terra están cubertas por océanos, que constitúen unha fonte de infinitos recursos: alimentos, enerxía, auga, recursos minerais...
O mar en interacción coa atmosfera, a litosfera e a biosfera favorece unhas condicións que posibilitan as distintas formas de vida no planeta. Son os pulmóns do noso planeta, proporcionando a maior parte do oxíxeno que respiramos.
Pensemos nisto e sexamos conscientes e responsables na prevención, redución e control da contaminación dos nosos océanos e mares.


No hay comentarios:

Publicar un comentario