martes, 14 de septiembre de 2010

CONDUCÍNDONOS POLA VIDA: EDUCACIÓN VIAL

Como sabedes, todos os anos adicamos o curso a un eixo transversal determinado e procuramos que a maioría das actividades, proxectos, festas, conmemoracións, saídas e actos en xeral que se realizan no cole teñan relación co mesmo. Lembrades canto traballamos o ano pasado na procura da mellora do medio ambiente? Pois este ano tócalle a quenda á EDUCACIÓN VIAL. Si, rapazas e rapaces, nais, pais, e comunidade educativa en xeral: Neste curso que comeza queremos fomentar no alumnado actitudes de conciencia cidadá e desenvolver hábitos encamiñados á creación do senso vial, así como actitudes de respeto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.


Para que a educación vial sexa unha realidade eficaz, precisa dunha presenza constante en todas e cada unha das fases de formación dos cidadáns dende os primeiros anos de vida, polo constante e forte protagonismo do tráfico na nosa sociedade. De aí a importancia da súa inclusión no currículo educativo. Se premedes nas imaxes que veñen de seguido poderedes acceder a máis información e na parte dereita do blog teredes acceso a webs de xogos interactivos relacionados coa Educación Vial.





No hay comentarios:

Publicar un comentario