viernes, 8 de enero de 2010

2ª RECEITA: CHULAS DE CABAZA

A segunda receita que fixeron os nenos e nenas de infantil neste curso consistiu nunhas saborosas CHULAS DE CABAZA. Que ben o pasaron cociñando e como disfrutaron probándoas! Aquí tedes unha mostra de como se levou a cabo a receita e tamén vola deixamos no blogue para quen lle apeteza pórse "coas mans na masa" e facelas na casa. É moi sinxela!

INGREDIENTES (para 6 persoas)
. 6 ovos
. sal
. auga
. 400 gr. de fariña
. 1 sobre de lavadura en pó.
. Zume de dúas laranxas
. 1 kg. de cabaza
. 300 gr. de azucre
. Aceite de oliva para fritir
. Azucre glass para espolvorear.

PREPARACIÓN
Móndase a cabaza, córtase en anacos e cócese en abundante auga con sal. Unha vez cocida, escórrese e déixase secar moi ben. De seguido esmagámola cun garfo e deixámola enfriar.
Nun recipiente fondo bátense os ovos co azucre e a lavadura. Engadímoslle o zume de laranxa e despois a cabaza cocida e xa fría.
Pouco a pouco, imos botando a fariña ata que colla un espesor non moi denso (máis ben líquido para poder collelo cunha culler).
De seguido, tomamos a masa cunha culler sopera en forma de bólas e fritímola en abundante aceite.
Cando estean dourados sacámolos da tixola e espolvoreámolos con azucre glass. (Podedes engadirlle un pouquiño de canela moída, ao gusto).

BO PROVEITO!

2 comentarios:

  1. podo asegurar e aseguro que son unha auténtica delicia. Moi recomendable poñerse mans á masa.

    Rocío

    ResponderEliminar
  2. Pois si que están boas! Riquísimas!!!!!!!!!!!!!
    Luci

    ResponderEliminar