miércoles, 30 de enero de 2013

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ!

Hoxe conmemoramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Este día foi declarado por primeira vez no ano 1964 co obxectivo de conseguir unha educación por e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto ós Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Dende os centros, non somentes nesta data, senón todos os días, procuramos contribuir, a través da educación, á concienciación de todos na construción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz. 
 PARA REFLEXIONAR...
PARA XOGAR... PARA LEMBRAR: O NOSO DÍA DA PAZ DO ANO PASADO

A PAZ EN SOBRADA from ceip sobrada on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario