viernes, 4 de junio de 2010

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política respecto diso.
Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis próspero e seguro.
Baixo a lema "Moitas especies. Un planeta. Un futuro", o evento deste ano celebrará a incrible diversidade de vida na Terra como parte do Ano Internacional da Biodiversidade 2010.
A sede deste ano é Ruanda, un país de excepcional biodiversidade que fixo grandes progresos en temas de protección ambiental, e liderará as celebracións con tres días de eventos de apertura.



Organizaranse tamén miles de actividades en todo o mundo desde Hong Kong a Abidján, con limpezas de praias, concertos, exposicións, festivais de cine, eventos comunitarios e moito máis.
Pola nosa parte, toda a comunidade educativa podemos contribuir á celebración deste día asistindo á FESTA DE VOZ NATURA mañá sábado, 5 de xuño, de once da mañá a oito da tarde, no parque de Acea de Ama (Culleredo – A Coruña). Esta é a gran cita do medioambiente en Galicia. Unha festa con entrada libre e gratuíta para todas as persoas que queiran gozar dunha xornada chea de actividades, xogos, deportes, exposicións e... dunha magnífica OBRA DE TEATRO sobre o mar dos nenos de 2º ciclo que xa representaron maxistralmente no festival do cole e que non debedes perdervos.
Vai ser todo un acontecemento! Animádevos a vir!

(Pincha no cartel para ter máis información sobre a festa de Voz Natura)

No hay comentarios:

Publicar un comentario