martes, 29 de junio de 2010

TURONIA 2010



A finais do mes de xuño os alumnos de 6º de P. Caselles, Barrantes e de Sobrada fixeron unha actividade de senderismo que denominamos Turonia na que coñecemos aspectos arqueolóxicos, botánicos, arquitectónicos e históricos do entorno.Nesta edición ademais no CEP Pedro Caselles achegáronnos coñecementos sobre astroloxía a través do seu planetario e da exposición do universo.

Este ano coa conmemoración dun ano xacobeo a ruta fíxose polo camiño de Santiago pero en sentido inverso de Tebra a Goián, o lugar por onde cruzaban moitos peregrinos portugueses na busca dun paso polo río Miño.

Pasamos a noite no CEP Pedro Caselles para o día seguinte continuar a ruta que nos levaría a Goián onde despedimos o Turonia 2010 facendo piragüismo.
Pinchando na palabra Turonia poderedes ver máis fotos da páxina web do CEP Pedro Caselles

1 comentario:

  1. Sobresaínte para os/as mestres/as de educación física dos colexios participantes que organizaron toda esta aventura! Ademais de todas as actividades de deporte escolar que se celebraron durante moitísimas tardes deste curso.
    Moi ben!

    ResponderEliminar