martes, 8 de junio de 2010

8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS por unha iniciativa canadense.
Os océanos cobren dúas terceiras partes da superficie da Terra, e a través das súas interaccións coa atmosfera, litosfera e a biosfera, xogan un papel relevante na conformación das condicións que fan posible as distintas formas de vida do planeta.
Ademais de servir como hábitat dunha vastísima colección de plantas e animais, os océanos proporcionan alimento, enerxía e múltiples recursos aos seres humanos.
En 1994, a comunidade internacional deu un paso moi importante para a protección dos océanos ao entrar en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre a Lei para os Océanos.
Unha das principais tarefas da campaña en favor da flora e a fauna mariñas é a preservación do atún, a quenlla, o peixe espada e as poboacións de merlín.
En 1997 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o ano 1998 como o Ano Internacional dos Océanos.
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR OS OCÉANOS?
- Reducir de forma significativa o tamaño das frotas industriais;
- Protexer os dereitos e medios de vida dos pescadores artesanais;
- Declarar unha rede global de áreas mariñas protexidas;
- Pór en marcha o Plan de Acción Internacional da FAO contra a pesca ilegal;
- Loitar contra os efectos do cambio climático;
- Acabar coa contaminación mariña;
- Garantir a responsabilidade ilimitada para as actividades industriais que causen danos ao o medio mariño;
- Protexer os ecosistemas costeiros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario