miércoles, 18 de marzo de 2020

APRENDEMOS MÁIS COUSAS DE NATURAIS E SOCIAIS?...TAMÉN MOITO VOCABULARIO!

Bo día nenos e nenas! Andamos atarefadas buscando materiais cos que poidades aprender, estar entretidos e entretidas e pasalo ben.
Nesta búsqueda dimos cunha fantástica páxina creada por Adela Leiro. Dentro dela, atopamos: moita información, contos, adiviñas e personaxes moi simpáticas coas que ímos aprender:
OLA SON ROQUE!












Hoxe ímosvos deixar, para todo o alumnado do 2º ciclo, un enlace chulísimo co que podedes repasar o que xa sabedes sobre as plantas e aprender cousas novas.
No caso dos nenos e nenas de 4º, serviravos para comprender mellor a experiencia científica que realizamos todo o 2º ciclo cando TINGUIMOS FLORES. Lembrades todas as CONCLUSIÓNS ás que chegamos?


COUSAS DAS PLANTAS








Algunhas actividades interesantes para facer serían:
- Debuxar unha árbore nas catro estacións.
- Debuxar unha planta e poñer as súas partes.
- Apuntar as palabras que non coñecías e buscar no dicionario.
- Se tes un xardín na túa casa, fixarte en como son as follas das distintas plantas. Podes facer copia delas debuxando ou recortando.
- Observar as formas e a textura de froitas que tes na casa. Como as describirías?

Para rematar, deixámosvos tres adiviñas, a ver se sodes capaces de resolvelas. Podedes escribir as respostas nos comentarios desta entrada ou enviar un correo electrónico á túa profe. Se non conseguiches averigualas, o luns o "Morcego Roque" darache a resposta.
Adiviña nº 1:   NA HORTA DA MIÑA CASA
                       VIVE UN VELLO CABALEIRO
                       QUE SE VISTE NO VERÁN
                       E DESVÍSTESE NO INVERNO.

Adiviña nº 2:   SON REDONDA, BRILLANTE,
                       TAN LUCIDA COMO UN SOL.
                       A MIÑA COR E O MEU NOME
                       A MESMA COUSA CHE SON. 

Adiviña nº 3:   PEROLIÑAS ENGARZADAS
                      CHEAS DE DOCE DE MEL.
                      NACEN CANDO MORRE MAIO
                      E CÓLLENSE POR SAN MIGUEL.

1 comentario:

  1. Mateo 4°:adivinanza 1, o castiñeiro, adivinanza 2: a laranxa, adivinanza 3, as uvas. 😅😅🤔🤔🤔

    ResponderEliminar