lunes, 30 de junio de 2014

TURONIA 2014

Chegando o mes de xuño agárdanos o TURONIA unha actividade escolar que xa está consolidada, e que mantén o seu interese entre o noso alumnado ano a ano, polo que supón de diferente sobre o traballo escolar habitual.
Considerando a riqueza natural, arqueolóxica e pasaxística da nosa terra, este ano quixemos salientar  o legado en pedra dos antepasados destas terras.
Por primeira vez esta actividade conxunta logrou reunir ós cinco centros do Concello de Tomiño:  Barrantes,  Tebra,  Pedro Caselles, Pintor A. Fernández e Sobrada. Tivemos a oportunidade de coñecer ós futuros compañeiros de instituto en dúas intensas xornadas de convivencia e intercambio de experiencias.
Salientar o gran apoio que recibimos por parte do Concello, Comunidades de Montes, Anpas... para que esta actividade poidera levarse a cabo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario