jueves, 21 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: POLENTA

Neste mes de marzo, como os peques de Infantil estamos estudando o MILLO, recibimos a visita dalgúns familiares que nos veñen a facer receitas con este cereal. O día 8 de marzo viu a mamá de ALBA e IRIA, de 3 e 4 anos respectivamente, a facer unha receita especial: POLENTA: Un prato orixinario do norte de Italia moi difundido na Arxentina. Resultou unha experiencia moi proveitosa para nós xa que moleu o millo na clase e vímolo converterse en fariña! Que maxia! Despois ensinounos os pasos para facer a POLENTA: Unha especie de puré feito con sémola de millo, caldo, tomate e queixo. Estaba riquísimo!!
MIL GRAZAS, ANA, POR ENSINARNOS ESTA RECEITA!

POLENTA from ceip sobrada on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario