lunes, 11 de marzo de 2013

VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN


VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN - foto montaje

Os nenos e nenas de Infantil fixemos unha excursión ao Viveiro Vidaplan que se atopa preto do noso colexio. 

O día non podía estar mellor para facer esta excursión, xa que tivemos un día soleado, que nos permitiu ir andando dende o noso cole ata o viveiro. 

Á nosa chegada nos atendeu José, explicounos que o tipo de plantas que cultivan é planta ornamental, despois mostrounos todas as naves e nos foi explicando os tipos de rego, os nomes das plantas, como ventila e abrigan,  como se lle dá o abono...

En fin, que aprendemos moito e todavía nos quedaba a actividade que fixemos ao día seguinte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario