viernes, 22 de marzo de 2013

SAÍDA AO VIVEIRO

O pasado 15 de marzo, os nenos e nenas de 1º ciclo fomos de excursión. Fomos ao VIVEIRO VIDAPLAN. Antes de ir, os nenos e nenas de 1º e 2º Primaria chamaron ao propio viveiro para acordar o día que podiamos e encargar o material para facer a nosa plantación no cole.
Coñeceron o viveiro e mercaron eles mesmos as plantas (alegrías, petunias e xeranios), terra e macetas. Logo, nesta semana fixemos a plantación. No 3º trimestre centrarémonos na observación e rexistro da plantación que fixemos.
Só tedes que ver o vídeo coas fotos da chamada, da saída e da plantación!

VIVEIRO from ceip sobrada on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario