viernes, 15 de marzo de 2013

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES

En 1983 a ONU instaurou o 15 de marzo como o "Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores", para lembrar os dereitos que asisten a todas as persoas como usuarios e consumidores.
Este día xorde como unha iniciativa ó Movemento Internacional dos Consumidores, lembrando o histórico discurso sobre os dereitos dos consumidores que pronunciou o expresidente dos Estados Unidos, John F. Kennedy ante o congreso dese país no ano 1963.
Con esta declaración recoñécense estos dereitos a nivel internacional, ainda que a Constitución Española xa  establecera no artigo 51 da Constitución de 1978, a defensa dos dereitos dos consumidores.
Aquí en Galicia existe o Instituto Galego de Consumo ( IGC ), que é o que se encarga de defender os dereitos do consumidores galegos.


1 comentario:

  1. non sabía que existía un día así,me parece muy bien. e os videos son moi divertidos!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar