lunes, 16 de mayo de 2011

TERCEIRO PREMIO DE BLOGS DE CENTRO!!!


O xurado do V Premio Espiral de Edublogs acordou concederlle ó blog do noso colexio o TERCEIRO POSTO na categoría de blogs de centro.
É un pracer enorme poder recibir a peonza de bronce, símbolo de recoñecemento do traballo realizado por parte de todo o alumnado e profesorado que contribuiu a facer cada vez máis grande e máis rico o noso blog.
Estamos de NORABOA e motivados para seguir facendo do noso blog esa fiestra que sirva para dar a coñecer a nosa forma de traballar.

Pinchando neste cartel accederedes á páxina de todos os premiados.

Coñece un pouco máis sobre Espiral e sobre os criterios de selección dos mellores blogs educativos.



2 comentarios: