martes, 17 de abril de 2012

FACEMOS ACROBACIAS


O pasado venres recibimos no cole a especial visita de Alba Castro, unha xoven ximnasta que fixo un alto nas súas vacacións para ensinarnos un pouco de como é o deporte que practica, pois non é moi coñecido.
Alba ten tan só 16 anos e xa foi campiona de España en varias ocasións e participou en diversas competicións internacionais co seu clube de Ximnasia Acrobática : Flic Flac de Vigo.

Ensinounos a facer diversas figuras e conseguiu que fosemos quen de realizar incribles composicións nas que algúns dos nosos compañeiros demostraron ser todos uns expertos.


Ademais, tamen contounos que no seu deporte unha das cousas máis importantes era a confianza nos teus compañeiros, o traballo en equipo e algunhas cualidades que se poden traballar como o equilibrio, a forza e a flexibilidade.
Agradecémosche moito a túa visita, Alba, e esperamos terte pronto connosco en outra ocasión.
Unha aperta dos teus alumnos por un día!

No hay comentarios:

Publicar un comentario