O pasado venres recibimos a visita de Abrahan
Carreiro, un gran ilustrador de contos e de comics, con él tivemos a oportunidade de aprender e por en práctica diversas técnicas de debuxo.Cunha rapidez e facilidade pasmosa comenzou a crear divertidos personaxes enchendo un papel branco nun instante, presentounos aos seus piratas
cibernéticos, mentres, explicábanos
como conseguir corpos proporcionados, expresar sentimentos, organizar as viñetas para situar unha historia....
Invitounos a
que probásemos a facer nós o mesmo, e a verdade é que funciona pero hai que ter
moita calma, paciencia, practicar moito e sobre todo poñer a traballar a imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario