Hoxe 22 de Marzo celébrase o Día Mundial da Auga.
A ONU-Auga pretende adicar este día ó tema da calidade da auga, co lema,"Auga limpa para un mundo san", co que pretenden:
A ONU-Auga pretende adicar este día ó tema da calidade da auga, co lema,"Auga limpa para un mundo san", co que pretenden:
- Fomentar a concienciación en canto á conservación de ecosistemas sans e do benestar humano abordando os crecentes desafíos en relación coa calidade da auga que se plantexa á xestión deste recurso.
- Dar un maior realce ó tema da calidade da auga facendo unha chamada de atención a gobernos, organizacións, comunidades e persoas en todo o mundo a que adopten medidas en relación con este tema e realicen actividades de prevención da contaminación, limpeza e rehabilitación, entre outras.
Despois de ver este video e de reflexionar un pouquiño, quen queira comezar a tomar medidas XA para axudar ao aforro de auga, deixámosvos unha ligazón que vos servirá de axuda(só tedes que facer clic na imaxe de abaixo).

No hay comentarios:
Publicar un comentario