martes, 18 de febrero de 2014

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2014-2015

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 14/15 Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de E.I. de E.P. de E.S.O. e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 



POSTOS ESCOLARES OFERTADOS





-      Prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 1-20 de marzo


Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.


-      Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 25 de marzo ao 7 de abril

-      Publicación  listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: Antes do 25 de abril

-      Publicación  listados definitivos de alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio.

-      Prazo de formalización de matrícula: 20-30 xuño ( A partires do 20 de maio poderanse recoller os impresos de matrícula no centro ou descárgalos da páxina web )


Centros adscritos: C.R.A. de Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro ao que estamos adscritos: I.E.S. de Tomiño
Área de influencia do centro: Etapa de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria (Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)
Servizo complementario: Transporte escolar.

Os impresos pódense recoller no centro en horario de secretaría ou descargalos directamente da web ( facendo clic na foto de abaixo ).

https://www.dropbox.com/s/zzgd69dvnxyzlen/ANEXO%20II.pdf
 

jueves, 13 de febrero de 2014

XA CHEGA O ENTROIDO

Xa chega o Entroido!!!


Todo o colexio xa está a preparar os seus disfraces que porán en escea o día do desfile de Entroido, o vindeiro venres 28 de febreiro.

Mentras tanto, aquí podedes atopar información sobre o Entroido tradicional galego e tamén algúns recursos educativos.









RECURSOS DIDÁCTICOS









martes, 14 de enero de 2014

EDUGA: Revista Galega Do Ensino

A revista EDUGA  no nº66,  publica un artigo sobre o PDI que desenvolvimos o curso pasado: "Os alimentos na identidade cultural, social e económica de Galicia: treboada no Miño, pan e viño".
Está no apartado de bibliotecas, dentro de boas prácticas.


http://www.edu.xunta.es/eduga/492/boas-practicas/os-alimentos-na-identidade-cultural-social-economica-galicia-treboada-no-mino-pan

 Facendo clic na imaxe de arriba levaravos ó enlace en onde aparece a publicación.


Non vos esquezades de visitar o blog da nosa biblioteca, en onde podedes atopar actividades de centro, recomendacións literarias, actividades de contacontos.... e moitas cousas máis.


ROI CASAL

ceipdesobrada's  album on Photobucket

ROI CASAL from ceip sobrada on Vimeo.

O músico galego Roi Casal xunto coa cantante Silvia Ferré ofrecéronos un mini concerto no noso cole.

MAGOSTO 2013


MAGOSTO 2013 from ceip sobrada on Vimeo.

Así celebramos o magosto este curso no cole. 
Outra vez por culpa das condicións meteorolóxicas non puidemos celebralo no Monte Aloia. Ainda así , puidemos disfrutar dun bo día comendo castañas e xogando a xogos populares que nos organizara a profe Rosa.

miércoles, 8 de enero de 2014

UN BO TRATO É...

O pasado día 25 de Novembro conmemoramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO e, no Ceip de Sobrada, quixemos celebralo dun xeito especial. Baixo o lema "UN BO TRATO É..." cada alumno/a confeccionou un debuxo sobre o que significa ter un bo trato cos demais e, despois, pegáronos nunhas siluetas dun home e dunha muller situadas na entrada do cole. Ademais, nesa xornada despois do recreo, mestres e alumnos/as saímos ao patio para formar entre todos a palabra VIDA. Os maiores estiveron encargados dos pequenos e houbo unha chea de bicos, apertas, sorrisos e agarimos para todos!! Aquí vos deixamos un resumo do que deu de sí esta fermosa actividade! 

UN BO TRATO from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 30 de diciembre de 2013

PAPÁ NOEL VISITA SOBRADA!

O pasado día 20 de decembro, antes de achegarse a todas as casas dos nenos e nenas para repartir os agasallos, Papá Noel non quixo faltar a súa cita co noso colexio para recoller as cartas que os nenos e nenas lles tiñan preparadas. Así resultou a súa visita ao alumando de Infantil, aos que agasallou cunha chea de caramelos. 
 MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR, PAPÁ NOEL! 
PAPÁ NOEL EN SOBRADA from ceip sobrada on Vimeo.

martes, 24 de diciembre de 2013

EXPOSICIÓN DE INVERNO 2013: TECENDO UN MUNDO NA IGUALDADE


Exposición de inverno 2013: Tecendo un mundo na igualdade from ceip sobrada on Vimeo.

Un ano máis a exposición de inverno do cole foi o resultado da colaboración e participación de todos e todas: nenos, nenas, pais, nais,....Traballos creativos que reflicten a importancia da igualdade de oportunidades,o dereito de todos e todas a elixir o que queremos facer na vida sen que os tópicos sexistas decidan por nos.
Moitas grazas, familias!
Aquí deixamos un pequeno video da vosa (e nosa) exposición para que o vexades nestas vacacións.
Desexamos que gocedes destes días. 
Vémonos no 2014!

viernes, 20 de diciembre de 2013

VISITA DE EX-ALUMN@S

Como vén sendo habitual por estas datas é frecuente que ex alumnas e alumnos do noso cole se pasen a facer unha visita, para contarnos como lles vai no instituto ademais de preocuparse polos seus antigos profes.
Para o profesorado do colexio é algo marabilloso que antigos alumn@s sigan vindo a visitarnos, por iso desexamos que esta tradición siga durante moitísimo tempo.

Moitísimas gracias a tod@s pola vosa visita e que vos vaia "ben bonito"!!!









DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


DÍA DOS DEREITOS HUMÁNS from ceip sobrada on Vimeo.

O 10 de decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos. 
No noso cole medrou unha árbore dos dereitos na que penduraban novelos de lá, cada un con un dereito. 

jueves, 19 de diciembre de 2013

POSTAIS 2013

Estas foron as postais gañadoras deste ano 2013.


PARABÉNS A TOD@S !!!!








Noemí ( Terceiro ciclo )







                                Alma ( Segundo ciclo )





Jorge F.F. ( 1º ciclo)





Iria ( Infantil )

lunes, 16 de diciembre de 2013

PERCORRENDO O CAMIÑO DA COEDUCACIÓN

O primeiro trimestre está a piques de rematar, como corre o tempo!


Neste curso propoñémonos facer especial fincapé na COEDUCACIÓN e co este lema penduramos o nobelo do que ao longo do curso sairán os fíos cos que queremos tecer unha rede escolar na igualdade de oportunidades entre os sexos.

Desenrolamos o fío e...
Rexeitando  toda violencia, e por suposto a violencia de xénero, celebramos O DÍA DO BO TRATO, e como non queremos esquecernos, entre todos creamos as siluetas de dúas persoas cheas de mensaxes : Tratémonos ben, uns aos outros, cada día. O fío continúa tecendo o camiño...


E camiñando, chegou o día 10 de decembro: Día da Declaración Universal Dos Dereitos Humanos. Non podíamos deixalo pasar, reunímonos todos ben xuntiños  arredor da Árbore dos dereitos, lembramos a orixe da declaración e os dereitos recollidos nela, dereitos de todos e todas, dereitos que deben respectarse en todas partes e que debemos coidar e protexer.

E claro, recordamos a MANDELA, como valorar os dereitos humanos sen homenaxear a Madiba!
Seguiremos tirando do fío...

lunes, 9 de diciembre de 2013

EXPOSICIÓN `MULLERES BAIXO SOSPEITA´

O pasado 26 de novembro os nenos e nenas fixemos unha visita a Casa das Artes onnde había unha exposición co título: " Mulleres Baixo Sospeita " Atopamos vídeos, imaxes, cartas, documentais... de como era a vida das mulleres no franquismo.Tiña 5 seccións : as modernas, as de dudosa moral, as domesticadoras, as decentes e as liberadas.
E despois fomos ao auditorio de Novacaixagalicia, onde miramos dous documentais de cine submarino.

Alí contaronos que de cando en vez, os especialistas cravaban un dispositivo para saber o percorrido que fan  cada un dos peixes (lábridos, raias,centolas e tiburóns peláxicos).
 Descubrimos como as centolas de día cúbrense de algas para que os depredadores non as atopen, e de noite salen a cazar as súas presas;que as raias para non ser atacadas escóndense debaixo das areas; e que os lábridos cando chega o inverno refúxianse entre as rochas.Vimos como os tiburóns van a por as presas en grupo.
O documental foi moi interesante.

jueves, 5 de diciembre de 2013

CONFERENCIA DA GARDA CIVIL EN SOBRADA

O pasado día 28 de novembro déronos unha charla ós nen@s do 3º ciclo.Iba sobre o acoso escolar, e deuna un garda civil chamado Miguel. Explicounos que o bulling é a violencia continua na escola.
Hai moitos tipos de bulling: físico, psíquico, sexual, ciberacoso… pero todos son graves porque calquer acoso é un delito que ten as súas consecuencias.
O acoso ten tres participantes: 
  • Acosador: O acosador é o que realiza ese acoso.
  • Espectador: Os espectadores que non reaccionan teñen a mesma culpa que o acosador.
  • Víctima: A víctima é o que sufre o acoso.

 
Se sufres acoso escolar debes acudir os teus país, profesores, amigos, policías… porque se non o contas podes sufrir ata pensamentos suicidas que poden levarte a cometer barbaridades.
NON O PERMITAS




miércoles, 4 de diciembre de 2013

INFANTIL VISITA CAMELOT PARK!

O pasado día 8 de novembro, o alumnado de Ed. Infantil fomos de excursión a Vigo para acudir ao parque de bolas CAMELOT PARK! Como disfrutamos saltando na piscina de bolas, xogando cos coches e bailando na discoteca que teñen alí! Aquí tedes as fotos daquela xornada na que o pasamos tan ben! 
 
CAMELOT PARK from ceip sobrada on Vimeo.

martes, 3 de diciembre de 2013

BAILA QUE BAILA O PEON EN SOBRADA

O alumnado de 3º ciclo andivemos uns días investigando sobre este xoguete tan tradicional que sobreviviu o paso dos séculos, xoguete universal que tamén é capaz de modernizarse e continúa a ser divertido en todas as súas variedades. Esta é unha pequena síntesis da nosa investigación.