lunes, 16 de diciembre de 2013

PERCORRENDO O CAMIÑO DA COEDUCACIÓN

O primeiro trimestre está a piques de rematar, como corre o tempo!


Neste curso propoñémonos facer especial fincapé na COEDUCACIÓN e co este lema penduramos o nobelo do que ao longo do curso sairán os fíos cos que queremos tecer unha rede escolar na igualdade de oportunidades entre os sexos.

Desenrolamos o fío e...
Rexeitando  toda violencia, e por suposto a violencia de xénero, celebramos O DÍA DO BO TRATO, e como non queremos esquecernos, entre todos creamos as siluetas de dúas persoas cheas de mensaxes : Tratémonos ben, uns aos outros, cada día. O fío continúa tecendo o camiño...


E camiñando, chegou o día 10 de decembro: Día da Declaración Universal Dos Dereitos Humanos. Non podíamos deixalo pasar, reunímonos todos ben xuntiños  arredor da Árbore dos dereitos, lembramos a orixe da declaración e os dereitos recollidos nela, dereitos de todos e todas, dereitos que deben respectarse en todas partes e que debemos coidar e protexer.

E claro, recordamos a MANDELA, como valorar os dereitos humanos sen homenaxear a Madiba!
Seguiremos tirando do fío...

No hay comentarios:

Publicar un comentario