miércoles, 8 de enero de 2014

UN BO TRATO É...

O pasado día 25 de Novembro conmemoramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO e, no Ceip de Sobrada, quixemos celebralo dun xeito especial. Baixo o lema "UN BO TRATO É..." cada alumno/a confeccionou un debuxo sobre o que significa ter un bo trato cos demais e, despois, pegáronos nunhas siluetas dun home e dunha muller situadas na entrada do cole. Ademais, nesa xornada despois do recreo, mestres e alumnos/as saímos ao patio para formar entre todos a palabra VIDA. Os maiores estiveron encargados dos pequenos e houbo unha chea de bicos, apertas, sorrisos e agarimos para todos!! Aquí vos deixamos un resumo do que deu de sí esta fermosa actividade! 

UN BO TRATO from ceip sobrada on Vimeo.

1 comentario:

  1. Abrázate e volvete a abrazar, o patio do meu cole, é particular. Fermosa actividade.

    ResponderEliminar