Un ano mais celebrouse o tradicional cross que abriu a tempada de deportes, desta vez o concello que acolleu esta proba foi O Rosal. Acompañounos a chuvia e o mal tempo, máis non borrou protagonismo a estes pequenos grandes atletas que con moita ilusión participaron nas carreiras que se desenvolveron durante a mañá.
Desta vez foron moi poucos os participantes do noso centro alentados pola mala climatoloxía, haberá que esperar outra ocasión; así que, estade atentos as noticias!!
Parabéns a tódolos atletas polo esforzo realizado motivándolles a que continúen participando noutras carreiras pois o verdadeiro triunfo non é gañar senon non desanimarse; gracias as familias que nos acompañaron cos seus ánimos e ao profesorado que traballou na organización para que todo saíra ben.
Aquí vos deixamos un vídeo do cross celebrado en O Rosal
Toda información detallada da carreira, clasificacións, fotos e vídeos as podedes atopar en www.agrudebam.
CAMPO A TRAVÉS O ROSAL from ceip sobrada on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario