martes, 20 de marzo de 2012

A PROL DA ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL



O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
O lema para este ano é "Racismo e Conflito", xa que o racismo e a discriminación están moi a miudo na raíz de graves conflitos.
En moitas partes do mundo, desgraciadamente, o racismo, os prexuízos e a xenofobia crean unha tensión extrema e úsanse como poderosas armas para xerar medo ou odio en tempos de guerra. Os prexuízos e a xenofobia poden levar, incluso, ó xenocidio, ós crimes contra a humanidade, a limpeza étnica e os crimes de guerra.
O lema deste ano ten por obxectivo aumentar a concienciación de todo o mundo sobre estes temas, e recordar o sufremento das vítimas que sufriron e seguen sufrindo como resultado dos conflitos derivados do racismo.
Hai que lembrar que o primeiro artigo da Declaración Mundial dos Dereitos Humáns afirma que "todos os seres humáns nacen libres e iguais en dignidade e dereitos". Por este motivo se celebra o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial que nos fai lembrar a nosa responsabilidade colectiva de promover e protexer este ideal.






No hay comentarios:

Publicar un comentario