O alumnado do 2º ciclo expón o seu traballo despois de dous talleres de informática traballando coa fotografía. Sacaron fotos, retocáronas co Picasa, caracterizárona en Dumpr e fixeron un slideshow en Picture Trail.
Este é o resultado do GRUPO B.
viernes, 23 de marzo de 2012
martes, 20 de marzo de 2012
A PROL DA ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL

O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
O lema para este ano é "Racismo e Conflito", xa que o racismo e a discriminación están moi a miudo na raíz de graves conflitos.
En moitas partes do mundo, desgraciadamente, o racismo, os prexuízos e a xenofobia crean unha tensión extrema e úsanse como poderosas armas para xerar medo ou odio en tempos de guerra. Os prexuízos e a xenofobia poden levar, incluso, ó xenocidio, ós crimes contra a humanidade, a limpeza étnica e os crimes de guerra.
O lema deste ano ten por obxectivo aumentar a concienciación de todo o mundo sobre estes temas, e recordar o sufremento das vítimas que sufriron e seguen sufrindo como resultado dos conflitos derivados do racismo.
Hai que lembrar que o primeiro artigo da Declaración Mundial dos Dereitos Humáns afirma que "todos os seres humáns nacen libres e iguais en dignidade e dereitos". Por este motivo se celebra o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial que nos fai lembrar a nosa responsabilidade colectiva de promover e protexer este ideal.

sábado, 17 de marzo de 2012
3º Receita: BURRITOS MEXICANOS
En infantil seguimos viaxando polo mundo... E desta vez aterrizamos en América para visitar México e probar uns deliciosos BURRITOS.
jueves, 15 de marzo de 2012
TRABALLANDO CON FOTOS
O alumnado do 2º ciclo expón o seu traballo despois de dous talleres de informática traballando coa fotografía. Sacaron fotos, retocáronas co Picasa, caracterizáronas en Dumpr e fixeron un slideshow en Picture Trail. Este é o resultado do GRUPO A.
miércoles, 7 de marzo de 2012
Día internacional da Muller Traballadora
Durante mais dun século o 8 de marzo é a data escollida para celebrar a loita das mulleres traballadoras para conseguir mellores condicions laborais e unha sociedade mais xusta cara os dereitos das mulleres.A orixe está no século XIX en EEUU cando as mulleres traballadoras do sector textil, iniciaron protestas reivindicando igualdade de salario e condicións laborais decentes.
Algúns daqueles acontecementos aparecen recollidos neste vídeo.Neste vídeo podes visualizar o conto:"ROSA CARAMELO" que nos invita a reflexionar sobre a igualdade de sexos e o importante que é romper cos convencionalismos que nos privan da liberdade.
lunes, 5 de marzo de 2012
CURSOS DE IDIOMAS

No DOG de hoxe saen publicadas distintas prazas destinadas á mellora da competencia lingüística de linguas estranxeiras.
O alumnado de sexto é o único que pode solicitar tales axudas.
Na seguinte táboa podedes ver o número de prazas dispoñibles:

Para máis información podedes consultar os seguintes enlaces:
ACCESO Ó DOG
PÁXINA DA XUNTA
Etiquetas:
Informacións,
Inglés
jueves, 1 de marzo de 2012
Xornadas de bádminton
O bádminton está moi animado, este ano aumentou bastante o número de participantes,tantos que houbo que establecer dúas zonas, uns colexios compiten en Tomiño e outros en Randufe, os clasificados destas xornadas xuntaranse en Goian o mércores 21 de marzo.Aquí podes ver un resumo da primeira xornada tanto da categoría alevín como da benxamín. Lembramos que podes ver no centro a puntuación de cada xogador.
Badminton Baixo Miño from Ceppedro Caselles on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)