lunes, 30 de enero de 2012

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ


O día 30 de Xaneiro conmemoramos a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, unha das personalidades máis importantes e transcendentes do século XX, que permanece na memoria colectiva da Humanidade como símbolo da acción política e reivindicativa fundamentada no espiritualismo e na resistencia pacífica.


Por iso celébrase o Día Escolar da Non-violencia e a Paz o 30 de xaneiro, unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos alumnos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".
Trátase de concienciar ao alumnado na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano, que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.

Como este ano o tema transversal que estamos a traballar no noso colexio é "A educación para a paz e a tolerancia" celebramos este día tan especial dunha maneira un pouquiño distinta que os outros anos. Seguramente nesta semana poidamos ver algunhas destas actividades festexando o día de hoxe.

A continuación podedes ver un vídeo relacionado coa IMPORTANCIA DOS ABRAZOS.



1 comentario: