
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.
Con todo é, ao mesmo tempo, vangardista. Fillo de labradores, naceu na montaña lucense, en Parada do Caurel en 1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a bela paisaxe da serra. Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra.
De estudante en Lugo, coñeceu a Manuel María e ambos frecuentaron o trato de intelectuais da anterior xeración, como Luís Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro.
Con 19 anos, Novoneyra trasladouse a Mad
En 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos que residían entre O Courel e Lugo, para instalarse definitivamente en Santiago en 1983. O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou até a súa morte, en outubro de 1999.
Entre as súas obras destacan: "Os Eidos", "Do Courel a Compostela", "O cubil do xabarín", "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín".Para saber máis da súa vida e obra pincha na súa foto e accederás á súa páxina web.
O COUREL, TERRA DE UXÍO NOVONEYRA
VIDA E OBRA DO POETA
Páxina sobre o Courel:
SERRA DO COUREL
Páxina de materiais para traballar na aula:
No hay comentarios:
Publicar un comentario