Co motivo do día internacional da muller, 8 de marzo, estamos
realizando diversas actividades a nivel de aula e cole para
reflexionar sobre a necesaria igualdade entre homes e mulleres.
Este
ano quixemos facer visibles mulleres galegas con grandes logros en
diversos ámbitos: cultural, científico, deportivo.. a modo
simbólico fomos enchendo unha árbore cos nosos traballos de investigación
sobre elas.
Próximamente poderás gozar destas creacións neste
blogue.
Outras das actividades programadas para esta semana son varias charlas con mulleres que nos falarán da súa experiencia laboral dende diferentes ámbitos.
O
lúns asistimos a unha videochamada con María Herrero, Técnico Superior de Laboratorio. Na actualidade traballa como analista de laboratorio nunha das maiores empresas farmacéuticas do mundo.
Durante esta semana contaremos coas videochamadas de:
Pilar Regueiro, farmacéutica, traballa nunha multinacional farmacéutica. Actualmente é directora de proxectos de investigación de novos medicamentos.
Cristina Fernández, árbitro internacional de balonmán, a primeira muller en pitar na máxima categoría do balonmán español.
CRISTINA FERNÁNDEZ PIÑEIRO