domingo, 27 de octubre de 2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Xa queda pouquiño para a noite máxica do SAMAÍN! Que medo imos pasar! Moito coidado cos monstruos, bruxas piruxas, morcegos e malos espíritos! Para prepararnos para a escalofriante noite do 31 de outubro, aquí vos deixamos algúns videos, contos, e xogos sobre o tema. A divertirse!

XOGA A FORMAR PARELLAS (fai clic na imaxe)

CREA MONSTRUOS (fai clic na imaxe)

PINTA UNHA CABAZA (fai clic na imaxe)

domingo, 20 de octubre de 2013

CARICATURA DOS ROLES DE XÉNERO

Non deixedes de ver este video... Sen dúbida para reflexionar!

viernes, 18 de octubre de 2013

AS NENAS TERÁN O SEU SITIO!

Unha interesante iniciativa das escolas de Euskalerría con respecto ao uso discriminatorio que se fai dos espazos no patio de recreo. No noso cole tamén intentamos mudar algunhas prácticas no patio: evitando que o fútbol este presente todos os días e procurando que xoguen tanto nenos como nenas; facendo un uso rotatorio dos campos por parte dos ciclos; propoñendo en moitas ocasións distintas propostas de xogo nas que poidan participar, xogos populares, etc.

Fai clic na seguinte imaxe para acceder á noticia:

lunes, 30 de septiembre de 2013

lunes, 16 de septiembre de 2013

FORMACIÓN DE EQUIPOS COOPERATIVOS EN INFANTIL

Na aula de 5 anos, o primeiro día do curso, fixemos unha actividade de APRENDIZAXE COOPERATIVA. Como na clase traballaremos moito en grupos cooperativos, axudándonos os uns aos outros, tiñamos que formar os EQUIPOS, é dicir, os nen@s que compartirán mesa ó longo do primeiro trimestre. Para facelos, cada neno/a colleu unha peza correspondente a 1 dos 5 puzzles distintos que se tiñan que crear (xa que este ano na clase haberá 5 equipos). Unha vez que todos tiñan a súa peza, debían levantarse e buscar aos compañeiros que tiñan as outras pezas parecidas a súa e que serían os seus compañeiros de equipo. Despois, entre todos, comentamos as imaxes de cada puzzle, todas elas alusivas ao tema da coeducación.

FORMACION DE EQUIPOS PUZZLE from ceip sobrada on Vimeo.
Ao día seguinte, puxémoslle nome a cada equipo coa estructura cooperativa "FOLIO XIRATORIO" (cada membro do equipo escribiu nun folio como lle gustaría que se chamase o seu equipo. Despois tiveron que poñerse de acordo para escoller o nome de equipo definitivo entre todos os membros do equipo). Estes foron os escollidos:

domingo, 8 de septiembre de 2013

VOLTAMOS!!



Como pasa o tempo... Xa estamos de volta das vacacións de verán!


O vindeiro MÉRCORES, DÍA 11 DE SETEMBRO esperámosvos a todos e todas para dar comezo ao novo curso escolar 2013-2014, que este ano adicaremos á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE AMBOS SEXOS e á COEDUCACIÓN. Ímolo pasar xenial!!

Vémonos axiña!!

miércoles, 31 de julio de 2013

XORNADAS DE DEPORTE

O profesorado de educación física organizou na última semana do curso unhas xornadas de deporte, en onde se lle ofertaba ó alumnado na hora do recreo distintos xogos ou deportes nos que podían participar. Aquí tedes unha pequena mostra en imaxes e vídeos.
 Parabéns ó profesorado de educación física!
XORNADAS DE DEPORTE from ceip sobrada on Vimeo.

BAILANDO COA WII- IV from ceip sobrada on Vimeo.

BAILANDO COA WII- III from ceip sobrada on Vimeo.

BAILANDO COA WII- II from ceip sobrada on Vimeo.

BAILANDO COA WII- I from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 29 de julio de 2013

VÍDEO RESUMO DO CURSO

VIDEO FIN DE CURSO from ceip sobrada on Vimeo.

Vídeo resumo do curso 2012-2013 presentado no festival das Letras Galegas.

jueves, 4 de julio de 2013

jueves, 27 de junio de 2013

ACTIONS SONG


ACTIONS SONG from ceip sobrada on Vimeo.
Canción interpretada polo alumnado de 4º na área de inglés.

jueves, 20 de junio de 2013

MATRÍCULA CURSO 2013-2014

Do 20 ó 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico 2013-2014.
Podedes recoller os impresos de matrícula no propio centro, ou ben descargalos nos seguintes enlaces:

Documento 3

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

  • Impreso de solicitude cuberto ( documentos 1-2 e 3 citados anteriormente )
  • Certificado de empadroamento.
  • Presentación do libro de familia e fotocopia da folla na que está inscrito o neno ou nena ( se non se entregou coa solicitude de admisión )
  • DNI do neno/a se o posúe ( se non se entregou na solicitude de admisión )
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
A documentación entregarase na SECRETARÍA do centro en horario de seccretaría ou durante o recreo     ( de 11:30 a 12 h )

HORARIO DE SECRETARÍA: 

  • Luns e martes de 9 a 9:50 h.
  • Xoves e venres de 13:10 a 14 h.


martes, 18 de junio de 2013

Construimos xogos e xoguetes

O alumnado de 3º  curso demostra toda a súa creatividade no deseño de xoguetes e xogos a partir dunha botella.
Estas foron as súas orixinais creacións.

xgts from ceip sobrada on Vimeo.

lunes, 17 de junio de 2013

Convivencia de Xogos Populares

Os nen@s do 1º ciclo e de infantil xuntos cos nen@s do cole de Amorín, Taborda e Piñeiro tivemos unha xornada de XOGOS POPULARES.
Os nen@s de 2º de Primaria foron os monitores destes xogos. 
Os nen@s de 5 anos e dos dous primeiros do cole foron repartidos en 5 equipos xunto cos nen@s do CRA. Deste xeito, cada equipo foi rotando, en quendas de 10 minutos, nos 5 xogos que disfrutaron: O PANO POR DETRÁS, O PANO, A PETANCA, O TROCO E CHAPAS E O FRESBEE. 
Foi unha xornada moi divertida!